Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O IV Trail do Trega acada xa os 200 participantes e admite inscricións ata o venres

O prezo da inscrición é de 3? para a andaina e 15? para a carreira.

O prezo da inscrición é de 3? para a andaina e 15? para a carreira.

Fecha: 23 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda acollerá esta fin de semana a cuarta edición da carreira Trail do Trega, organizada por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra. A dous días de finalizar o período de inscricións, xa son máis de 180 as persoas inscritas na proba cronometrada, que transcorrerá polo Monte Santa Trega e a súa contorna.

A carreira pedestre contará cun percorrido total de 18,5 km e un desnivel acumulado de 1.100 metros, aproximadamente. Por outra parte, o evento deportivo tamén ofrece a posibilidade de participar nunha andaina de 10 km de percorrido con paso polos puntos emblemáticos do monte. Nesta ruta, que será de dificultade baixa, xa son máis de 40 as persoas inscritas.

Ámbolos dous percorridos partirán da explanada do Centro Cultural e terán a meta no mesmo punto. A carreira comezará ás 10:00 h, namentres a andaina dará comezo ás 9:15 h.

As inscricións poderán realizarse ata as 23:59 horas deste venres, 24 de novembro, a través das páxinas www.avaibooksports.com e inscripciones.ranckr.com/eventos, nas que tamén poderá consultarse o regulamento das probas.

Os dorsais poderán recollerse no Centro Cultural este sábado, 25 de novembro, entre as 17:00 e as 19:00 h. Aquelas persoas interesadas en participar que aínda non se teñan anotado poderán aproveitar a ocasión para inscribirse de forma presencial.

O prezo da inscrición é de 3€ para a andaina e 15€ para a carreira. Os 300 primeiros inscritos nesta última recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa do IV Trail do Trega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones