Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O luns abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Igual é +. Tui 2022

Haberá tres quendas entre o 27 de xuño e o 30 de xullo. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Haberá tres quendas entre o 27 de xuño e o 30 de xullo. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O próximo luns, 6 de xuño, abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é + . Tui 2022” que organiza o concello de Tui a través das concellerías de Igualdade e Deportes. Vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Celebrarase en tres quendas, do 27 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 15 de xullo , e do 18 ao 30 de xullo, de luns a venres de 9 a 14 h. Ofértase Aula matinal dende ás 7.45 h e Aula mediodía ata ás 15.15 h. O prezo da primeira quenda será de 15,28 €, e a segunda e terceira quenda terán un prezo de 30,56 € por quenda.

As persoas interesadas deberán presentar o impreso de solicitude e a documentación requirida até o luns 13 ben no rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica municipal. Pódense consultar as condicións e as condicións requiridas e descargar o impreso de solicitude en www.tui.gal.

Ofértanse 150 prazas por quenda, reservándose 20 prazas para casos de exclusión social. No caso de que o número de solicitudes presentada supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios de baremación, establecidos nas condicións dos campamentos, e no caso de empate aplicarase a orde de presentación da documentación.

No campamento “Igual é + Tui 2022” os nenos e nenas realizarán actividades nas que se traballará a igualdade, xogos deportivos, obradoiros de cociña, paseo en barco polo Miño, excursións a Valença no tren turístico, e coa Fada do Aloia, tamén haberá rutas polos Muíños do Tripes e polo Camiño de Santiago. Tamén realizarán actividades na piscina municipal e ioga infantil.  

O Campamento  de Verán forma parte do Programa Municipal de Conciliación que ten por obxectivo promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Ao tempo busca fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen nas distintas quendas este verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones