Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O MARTES 11 ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO DE TUI

Será o martes 4 de marzo e no mesmo repartiranse máis de 5 mil euros en premios

Fecha: 10 de Febrero de 2014

Fuente: www.concellotui.org

O próximo martes, 11 de febreiro, abrirase o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Comparsas e Grupos de Entroido que se vai celebrar o martes, 4 de marzo, en Tui.

 

A inscrición debe realizarse o martes 11, mércores, 12, venres 14 ou martes 18 de 10 a 14h no departamento de Cultura na Casa do Concello cubrindo o impreso normalizado para este fin.  Establécese un máximo de participación de 18 comparsas e 3 grupos, por orde de inscrición, coa salvidade de que nunca un grupo ou comparsa de Tui quedará fóra.

 

Os grupos deben estar formados por entre 12 e 20 persoas e as comparsas deben estar integradas por un mínimo de 25 persoas.

 

Neste concurso de Entroido repartiranse 5 mil euros en premios ao que hai que engadir 400 € dos trofeos, e ata un máximo de 9.600€ en concepto de compensación por participar. Haberá un premio xeral, no que competirán de xeito conxunto grupos e comparsas e no que se valorará a orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. Nesta categoría haberá un total de sete premios que oscilan entre os 700€ do primeiro e os 100€ do sétimo. En carrozas establécense outros sete premios dotados con contías que van dos 400€ aos 50€. Amais haberá tres premios para acompañamento musical, de 250€, 150€ e 50€, para a música interpretada en directo, e por último hai un único premio para fantasía valorado en 300€.

 

Amais destínase un máximo de 9.600€ a compensación económica que recibirán as comparsas e grupos por participar. As comparsas tudenses con carroza recibirán 500€, e as que non leven carroza 250€, mentres que as foráneas recibirán 250€ e 125€ en función de se levan ou non carroza. No caso de grupos os de Tui percibirán 200€ se levan carroza e 100€ en caso contrario, e os grupos de fóra terán unha compensación de 100€ e 50€ respectivamente se levan ou non carroza.

 

O desfile-concurso de Entroido celebrarase o martes, 4 de marzo, ás 17.30h nun circuíto polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e  A Guarda, quedando prohibida a parada dos participantes diante do palco. En caso de choiva o desfile aprazaríase para o sábado 8 de marzo ás 17.30h.  

 

Todas as comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo, 9 de marzo,  ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.

 

Ás bases completas pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.concellotui.org, así como no departamento de Cultura do Concello de Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí