Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O martes ás 11h será inaugurada en Tui a exposición Sorrisos Transformadores

Coincidindo coa inauguración a presidenta de Arela, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla

Coincidindo coa inauguración a presidenta de Arela, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla

Fecha: 20 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

O próximo martes, 20 de febreiro, ás 11h terá lugar a inauguración da exposición "Sorrisos Transformadores" da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradás, e a deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.

O acto comezará ás 11h cunha conferencia a cargo de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, na Sala Félix Rodríguez. A charla está dirixida a poboación en xeral, pero especialmente aos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da ESO, e primeiro e segundo de Bacharelato. A continuación farase a visita á exposición que se poderá visitar en Tui até o 2 de marzo.

"Sorrisos transformadores", que chega a Tui en colaboración co Concello de Tui a través das concellerías de Educación e Servizos Sociais, é unha exposición fotográfica composta por 10 imaxes. Esta campaña de visibilización positiva inclúe as imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, e irán acompañadas, cada unha, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadores e educadoras, xuristas, políticos e políticas, psicólogos e psicólogas... A exposición ten un carácter itinerante e de permanencia no tempo para prolongar a reflexión por parte da cidadanía."Sorrisos transformadores" nace co obxectivo de darlles visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo trans e as súas familias, co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

As súa finalidade é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones