Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mércores 28 procederase ao desaloxo do material da pirotécnia de Baldráns

Unha vez rematado o desaloxo comezará a demolición das instalacións

Unha vez rematado o desaloxo comezará a demolición das instalacións

Fecha: 21 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O mércores 28 de novembro, ás 9h, procederase ao desaloxo do material existente na pirotecnia de Baldráns, logo de que no auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra recibido no Concello se dea un prazo improrrogable dun mes para proceder á execución total e completa da sentenza, mediante o desaloxo e baleirado das instalacións, e a súa posterior demolición.

Así este mediodía o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, asinou un decreto no que ordena que se requira ao redactor do Proxecto de Demolición da Pirotecnia La Gallega en Baldráns a que de maneira urxente presente, o mércores 28, o proxecto de demolición da totalidade das edificacións existentes.

Do mesmo xeito no decreto se ordena dar traslado do auto do xulgado tanto á Subdelegación do Goberno como á unidade de Intervención de Armas da Garda Civil para que procedan segundo o recollido no documento emitido polo xuíz.

Fíxase o próximo mércores, 28 de novembro, ás 9h para entrar nas instalacións da Pirotecnia para realizar o desaloxo do material. Para iso notifícase á propiedade a que nesa data debe abrir voluntariamente a instalación. En caso contrario a Policía Local de forma coordinada cos TEDAX e coa Intervención de Armas da Garda Civil procederá a desprecintar as instalacións, entrará realizará o traslado e eliminación de todo o material pirotécnico e explosivo que se atope no interior.

Unha vez completado o desaloxo iniciarase a demolición completa das instalacións, conforme ao proxecto encargado, para o que no decreto da alcaldía se ordena ao departamento de Contratación para que dada a "urxencia, gravidade e premura da situación conforme ao artigo 120.a da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público" formalice o contrato coa empresa Demoliciones y Desamiantados de Galicia SL para que realice estes traballos de forma inmediata.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, valora moi positivamente que se poida executar a sentenza de forma tan inmediata, ao implicar o xuíz á Subdelegación no desaloxo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones