Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O mércores derradeira conferencia sobre Francisco Sánchez a cargo de Laureano Alonso

Será ás 20 h no edificio Francisco Sánchez

Será ás 20 h no edificio Francisco Sánchez

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

O mércores día 27 de setembro, ás 20 h terá lugar a derradeira das conferencias sobre Francisco Sánchez, organizadas polo Concello de Tui dentro do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’ para conmemorar o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse.

Esta charla  titulada “Francisco Sánchez, un tudense universal” estará a cargo de Laureano Alonso Álvarez, profesor de latín e grego no IES San Paio de Tui e que ten traballado na tradución completa ao galego da principal obra do médico e filósofo tudense, “Quod nihil scitur”, unha obra referencial no pensamento europeo do Renacemento.

Nesta conferencia o profesor Alonso Álvarez realizará un achegamento tanto a esta publicación, editada por vez primeira en Lyon no ano 1581, como ao pensamento sancheciano e, especialmente, á transcendencia da obra de Francisco Sánchez e a súa achega ao pensamento universal.

Con esta charla finaliza este ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui para  divulgar a vida e obra deste singular pensador tudense.

Dende a pasada semana a veciñanza e visitantes poden achegarse á Francisco Sánchez a través dunha sinxela exposición instalada no Paseo da Corredoira tudense, onde a través de oito paneis se realiza un breve percorrido pola traxectoria vital e as obras coñecidas de Francisco Sánchez.

Nos meses de outubro e novembro haberá novas actividades para conmemorar o cuarto centenario do falecemento de Francisco Sánchez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí