Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui contribuirá á mellora e posta e valor da Avenida de Portugal

A obra está arestora en fase de licitación e suporá un investimento superior aos 2 millóns de euros.

A obra está arestora en fase de licitación e suporá un investimento superior aos 2 millóns de euros.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira, CCPA, na Avenida de Portugal.  O proxecto está agora mesmo en fase de licitación por parte do Ministerio do Interior. O prazo de execución previsto no proxecto é de 12 meses e o orzamento ascende a 2.652.976,65 €. A actuación forma parte do Plan de Infraestructuras de la Seguridad del Estado.

O proxecto a executar contempla a construción dun edificio que dará solución ás necesidades previsibles tanto a medio coma a longo prazo de forma integral e pon o foco na “operación óptima e eficiente do edificio”. A parcela onde se vai situar o novo CCPA ten unha superficie de  4.244 m2, e edificio, funcional e eficiente enerxética mente, contará cunha superficie de 1.193,76 m2.

O novo centro terá o acceso principal a través da Avenida de Portugal, e a través da súa travesía establecerase o acceso para vehículos e aparcamento.

A construción estruturase en base a un corredor central, entorno ao que se distribuirán en distintos volumes ou “caixas” onde se ubicarán as distintas dependencias. Contará con dous accesos un principal dende a Avenida de Portugal e outro posterior para aparcamento na travesía.

O edificio presenta dous corpos edificatorios conectados, un que conforma o edificio administrativo cunha zona con dous niveis de oficinas  e despachos para os distintos corpos presentes no CCPA, e o resto dunha planta. O segundo corpo destinarase a aparcadoiro cuberto.

O proxecto contempla tamén a urbanización perimetral da parcela entorno ao edificio con zonas axardinadas con especies autóctonas combinando árbores, arbustos, e plantas con flores que faciliten a polinización.

No Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui están a Garda Civil, a Policía Nacional, e a Axencia Tributaria por parte española, e a Garda Nacional Republicana,  a Policía de Seguridade Pública, a Policía Xudiciaria e o Servizo de Estranxeiría e Fronteiras, por parte portuguesa.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta coma esta actuación, xunto á próxima humanización da Avenida de Portugal, contribuirá á rehabilitación e posta en valor desta entrada a Galicia dende Portugal, que a diario é empregada por miles de persoas e vehículos. Lembra amais que aquí está a porta do Camiño Portugués a Galicia que percorren tamén miles de peregrinos ao longo de todo o ano. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí