Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O OBRADOIRO DE EMPREGO -DESCUBRE TUI 2015- FORMARÁ A 20 DESEMPREGADOS EN DESEÑO DE PRODUTOS GRÁFICOS E PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE

A Consellería de Traballo e Benestar investirá nesta iniciativa case 180.000 euros

A Consellería de Traballo e Benestar investirá nesta iniciativa case 180.000 euros

Fecha: 02 de Septiembre de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do obradoiro de emprego "Descubre Tui 2015", acompañado do alcalde la localidade, Enrique Cabaleiro.

O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investirá case 180.000 euros, "que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 200.000 euros", segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 20 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en deseño de produtos gráficos e promoción turística local e información ao visitante.

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten "un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Non podemos esquecer ademais", engadiu José Manuel Cores Tourís, "que en total son 25 as persoas que grazas a estes obradoiros, obteñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando", en relación á directora, á titora, os dous docentes dos cursos e á administrativa. No proceso selectivo contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración.

De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En deseño de produtos gráficos formaranse 10 alumnos, dos cales 4 son homes e 6, mulleres, e en promoción turística local e información ao visitante outros 10, neste caso todas mulleres.

O alumnado traballará durante os próximos seis meses tanto deseñando e implementando contidos gráficos e multimedia nas áreas culturais e turísticas no concello como elaborando unha guía de recursos turísticos do Concello de Tui e accións de difusión dos recursos naturais, patrimoniais e etnográficos propios.


José Manuel Cores Tourís aproveitou a visita ao obradoiro de Tui para destacar o "manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro".


De feito, recordou que a actual Xunta de Galicia investiu neste tipo de iniciativas en Tui case 700.000 euros dende 2009.

Pola súa banda, o alcalde, Enrique Cabaleiro, agradeceu a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacou a importancia de que a Xunta "depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto que permite formar a desempregados do municipio durante 6 meses e finalmente, formalos para poder optar a un posto de emprego no futuro".


Cores Tourís animou aos alumnos a formarse e a traballar de cara a potenciación do turismo deste concello "xa que estamos a falar dun municipio cun importante casco histórico e punto de partida en Galicia do Camiño Portugués, un camiño que está a rozar récord de peregrinos, agardando que se chegue este ano aos 40.000, o que ven a evidenciar a importante labor de promoción desta vía que está a realizar o Goberno de Núñez Feijoo".


Obradoiros como o de Tui desenvolveranse nos próximos meses en varios concellos da provincia de Pontevedra. "En concreto, na provincia de Pontevedra, investiranse 3,2 millóns de euros para a posta en marcha destes cursos de formación que beneficiarán a case 500 persoas entre alumnos e profesores, en 20 obradoiros en outros tantos concellos (xa que algúns obradoiros realízanse entre varios concellos), 2 mancomunidades e a Deputación de Pontevedra", finalizou Cores Tourís.


En toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar destinará un investimento de preto de 10 millóns de euros para realizar obradoiros de emprego, aos que se suman outros 5 millóns para obradoiros destinados á mocidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones