Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PATRIMONIO HISTÓRICO, NATURAL E GASTRONÓMICO PROTAGONISTA NO NOVO MATERIAL TURÍSTICO DE TUI

O martes presentouse unha guía e seis dípticos turísticos elaborados polo Obradoiro de emprego Descubre Tui 2015

O martes presentouse unha guía e seis dípticos turísticos elaborados polo Obradoiro de emprego Descubre Tui 2015

Fecha: 16 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este Martes presentáronse en rolda de prensa os seis dípticos e a guía turística elaborados polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015, no que turistas, peregrinos e mesmo veciños poden coñecer máis polo miúdo a través deste novo material a ampla oferta turística que ofrece Tui, protagonizada polo patrimonio histórico e natural, xunto coa gastronomía e restauración da cidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que "sempre foi unha demanda para o goberno local que o turismo tivese máis presenza, potenciándoo dende as súas diversas facetas, mellorando os servizos na oficina de turismo e no punto de información". O obxectivo, segundo o rexedor tudense, é alcanzar os 70.000 visitantes anuais. Finalmente, quixo agradecer o traballo realizado polos alumnos do obradoiro e todos cantos colaboraron de xeito altruísta, xa que Tui ten, despois de moitos anos, un soporte físico das súas potencialidades turísticas.

Pola súa parte o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, tamén quixo felicitar o labor levado a cabo polos alumnos do obradoiro e polos colaboradores. O responsable de Turismo indicou que Tui vai figurar por primeira vez como destino na guía dos touroperadores do Porto de Vigo para o vindeiro an,o e están a preparar unha guía específica para que os cruceiristas poidan ver Tui en catro horas.
Da guía turística presentada hoxe realizouse unha primeira tirada de 100 exemplares editada en galego, que está dispoñible na oficina de turismo e en diferentes establecementos da cidade. De cada un dos dípticos turísticos editáronse 500 exemplares en galego, castelán e inglés. O investimento total na edición e impresión dos dípticos e das guías ascendeu a 3.000 euros.

A Atalaia do Camiño, guía de turismo de Tui

A guía turística leva por título "A Atalaia do Camiño, Tui" e a través de 73 páxinas permite mergullarnos na historia tudense e no seu rico patrimonio e monumentalidade, e coñecer máis sobre o Casco Histórico tudense, o Camiño de Santiago, a Catedral, a Ponte Internacional, as murallas, o Cárcere Vello, o Convento das Clarisas, o Convento de Santo Domingo ou o Paseo da Corredoira. Incorpora amais un dos principais reclamos da cidade, o Monte Aloia, que configura unha das máis destacadas xoias paisaxísticas da comunidade. Finalmente, inclúe información práctica de aloxamento e restauración, xunto con mapas ilustrativos do casco urbano e das parroquias tudenses e un directorio de interese onde se poden consultar outros servizos turísticos.

Dípticos turísticos
Cada un dos dípticos turísticos: natureza e paisaxe, o Camiño de Santiago, a Catedral, calendario de festas e eventos, lugares de interese e restauración e aloxamentos incorpora información de carácter máis práctico.
Así, no díptico de natureza e paisaxe son protagonistas o Monte Aloia, co seu centro de interpretación, os miradoiros, a Ermida e Cama de San Xián, a Muralla Ciclópea e as rutas de sendeirismo aptas para calquera tipo de sendeirista. Tamén ten un apartado destacado o río Miño, que conta cunha importante reserva de marismas e esteiros. No dedicado ó Camiño de Santiago, os peregrinos poden obter información práctica de servizos e mesmo consellos para un "bo camiño". Asemade, inclúe un directorio cos albergues por cada unha das seis etapas cara a Compostela. Vinculado ó patrimonio está o díptico da Catedral de Santa María, que incorpora de xeito breve explicacións sobre o conxunto formado polo pórtico, o retablo, a sala capitular, a capela das Reliquias ou o Claustro.
No calendario de festas e eventos achéganse as festividades máis singulares da cidade por cada estación do ano e aqueles máis atemporais. No rueiro e lugares de interese temos indicado nun mapa aqueles sitios imprescindibles para os que queiran coñecer a cidade, xunto cunha rota que podemos facer a pé no Casco Histórico. Para rematar, en restauración e aloxamentos engádense dirección e teléfonos de taperías, bocaterías, restaurantes, hoteis, albergues e establecementos de turismo rural de Tui

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones