Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O persoal docente que participa no programa -Depoemprende na Escola- comparte as experiencias de emprendemento

Participan docentes do CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui

Participan docentes do CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui

Fecha: 09 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra acolle o 18 de xaneiro unha xornada de titoría na que se realizará un seguimento das actividades realizadas no que vai de curso

O profesorado dos 9 colexios participantes no programa "DepoEmprende na Escola" terá a oportunidade de poñer en común as experiencias que se están a desenvolver nos respectivos centros durante a primeira xornada de titoría deste curso, que terá lugar o mércores 18 de xaneiro no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.

Os centros participantes este curso no programa -que vai dirixido a alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dos colexios públicos da provincia de Pontevedra- son o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui, o CEIP Barcelos de Pontevedra; o CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa; o CEE Príncipe Felipe de Pontevedra; o CEIP A Rúa de Cangas; o CEIP Frián-Teis de Teis; o CEIP Xulia Becerra de Ribadumia; o CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados e o CEIP Laredo de Redondela.

Esta xornada de titoría é a primeira das tres que se celebrarán durante este curso, que xunto coas sesións de aprendizaxe para o profesorado desenvolvidas en setembro permitirán completar un total de 20 horas de formación certificada, coas que o profesorado pode obter as ferramentas necesarias para que o seu alumnado adquira a competencia emprendedora que este proxecto persegue, para que durante o curso escolar 2016/2017 as rapazas e os rapaces creen e xestionen unha cooperativa na que fabriquen produtos para vender nun mercado ou feira da súa localidade.

O programa "DepoEmprende na Escola" ten como finalidades, ademais do obxectivo xeral, o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. A comunidade escolar da provincia disporá de, entre outros recursos, un portal educativo en Internet onde se lles ofrecerá información e documentos de apoio cos que reforzar os contidos dos materiais didácticos usados nas aulas, así como poderá facer as súas propias achegas para facilitar a coordinación do proxecto.

A súa metodoloxía sitúa o alumnado no papel de protagonista da súa propia aprendizaxe, xa que se basea nun traballo dende a práctica onde esa aprendizaxe é activa, cooperativa e significativa, onde a relación entre o centro educativo e os feitos acontecidos na súa contorna máis próxima estarán presentes a diario. A materia incluída no programa desenvolverase dun xeito transversal, de modo que o alumnado adquirirá coñecementos en distintas áreas de coñecemento como matemáticas, ciencias, linguaxe, cultura e tamén competencia dixital, social e cívica ou "aprender a aprender".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí