Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PIANO PROTAGONISTA ESTA FIN DE SEMANA EN TUI CO IKFEM, O INTERNATIONAL KEYBOARD FESTIVAL

Os membros do festival foron recibidos esta semana pola concelleira de Cultural

Fecha: 20 de Julio de 2013

Fuente: www.concellotui.org

A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, acompañada polo concelleiro Ángel Gutiérrez, recibiu esta semana no Concello aos directores, profesores e alumnos do IKFEM. International Keyboard Festival&Master Classes Eurocity Tui-Valença. Neste acto a edil aproveitou para darlle á benvida á cidade e desexarlles unha feliz estancia.

Este festival comezou o pasado mércores en Tui co concerto,no Teatro Municipal, do mestre italiano Vicenzo Balzani, ao que seguiu onte á noite na Catedral o concerto de órgano de Marisol Mendive.

O venres continua a desenvolverse o IKFEM, o International Keyboard Festival, con novas propostas. Os alumnos da Master Classes serán os protagonistas das Talents Sessions que se celebran. A primeira foi ás 12h na Igrexa de Santa María dos Anjos en Valença e a segunda será ás 23h na Igrexa de Santo Domingo de Tui respectivamente. Amais o historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela conducirá a visita guiada que sairá ás 22h sairá do adro norte da Catedral para percorrer o conxunto histórico ata a Igrexa de Santo Domingo.

Hoxe sábado a primeira proposta no programa do IKFEM será ás 12h na Igrexa de Santo Domingo cunha BAROQUE SESSION! de fortepiano a cargo da especialista en interpretación de instrumentos históricos Patricia Rejas. Ás 22h haberá unha nova visita guiada dende a antiga Alfándega de Valença, a cargo do historiador Alberto Magno Pereira de Castro, que realizará un percorrido pola fortaleza até a Igrexa de Sta. María dos Anjos onde explicará a restauración realizada nesta igrexa. Aquí na igrexa de Santa María dos Anjos en Valença haberá ás 23h un TRIO SESSION! de música de cámara con piano a cargo Rasa Biveiniene, Ricardo Pazo e Fernando Raña que interpretarán un amplo repertorio no que destacan obras de Carl Reinecke, Robert Schumann e Madeleine Dring. A entrada é gratuíta.

O domingo a actividade comezará ás 12h no Palco da Música no Paseo da Corredoira con Galician Sesion ! Piano & Gaita. Pola noite ás 22h actuará no Teatro Municipal de Tui Abe Rábade en concerto. Entrada ten un prezo de 3€. E pechando este domingo ás 23h no Monumental na Praza de San Fernando haberá unha Dj Session! Piano Electrónico con dj Outro.

Por último o luns terá lugar a clausura do IKFEM ás 22h no Teatro Municipal coa entrega de diplomas aos alumnos da Master Classes e cunha Talent Sessión na que actuarán os máis destacados deste alumnos.

O festival IKFEM está organizado pola Asociación Xuventudes Musicais de Tui co apoio da Eurociudad Tui-Valença e a colaboración da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones