Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O pleno aproba por unanimidade a solicitude de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil

O Concello persoarase coma acusación particular. Habilitouse un millón de euros de Fondo de Emerxencia

O Concello persoarase coma acusación particular. Habilitouse un millón de euros de Fondo de Emerxencia

Fecha: 01 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

O concello de Tui solicitará aos Ministerios de Facenda e Administracións Públicas e do Interior que propoña ao Consello de Ministros a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil tras a explosión de material pirotécnico rexistrado o pasado mércores, 23 de maio, en Paramos. Así o acordou o pleno da corporación municipal por unanimidade co obxectivo de facilitar aos afectados aos acceso ás axudas que neste sentido recolle a normativa referida para paliar os danos materiais e persoais causados.

Así consta na moción de urxencia presentada na que se recolle tamén que o concello se persoará coma acusación particular no "procedemento penal que se atopa actualmente iniciado, para esixir as responsabilidades penais e de calquera outra orde que deriven dos feitos acontecidos que orixinaron os danos e defender os intereses municipais e dos veciños afectados" para que se reparen os prexuízos causados e se compensen economicamente os danos e custes que a explosión provocou.

A moción recolle por outra parte "solicitar axuda e/ou auxilio a todas as administración públicas para paliar a situación xerada tras os acontecementos do día 23 de maio ao superar os medios de resposta de que dispón este concello". Noutro dos puntos sinálase declarar o réxime excepcional de emerxencia previsto no artigo 120 da Lei de Contratos do Sector Público para a autorización das contratacións necesarias para levar a cabo as actuacións inmediatas que o concello deberá realizar coma consecuencia da situación social de emerxencia social. No debate da moción incorporouse amais tomar as medidas urbanísticas necesarias e elevalas ás distintas administración que procedan para que os veciños que desexen reconstruír as súas casas poidan facelo no mesmo lugar.

No pleno tamén vía moción de urxencia e por unanimidade aprobouse habilitar con cargo ao remanente de tesourería, un Fondo de Emerxencia dun millón de euros, ampliable.

Por outra parte na sesión plenaria foron aprobados os orzamentos do Concello de Tui de 2018 explicando o alcalde que ao ter as contas municipais aprobadas, que suporá dispor de 700 mil euros máis que nos actuais orzamentos prorrogados dende 2016, a través de modificacións orzamentarias será posible habilitar partidas para financiar as necesidades que vaian xurdido. Os grupos da oposición solicitaron que quedaran sobre a mesa e ben volver a levalos a pleno contemplando xa partidas específicas para os afectados de Paramos, ou os 700 mil euros que pasarían a formar parte do remanente de tesourería destinalos o próximo anos tamén ao Fondo de Emerxencia. En relación aos orzamentos o alcalde ofreceu aos outros grupos elaborar de xeito conxunto a partir de setembro uns orzamentos que contemplen o sucedido en Paramos para que o 1 de xaneiro estean aprobados deseñados para dar solución a todas as necesidades xurdidas logo da explosión de hai unha semana.

O pleno comezou gardando un minuto de silencio en memoria de Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel, as dúas vítimas mortais da explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos. No salón de sesións estiveron presentes parte dos afectados pola explosión que na quenda de rogos e preguntas solicitaron que a Plataforma que os representa poida incorporarse ao gabinete de crise e a exención das taxas municipais na zona afectada.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones