Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA ESIXE AO CONCELLO SOLUCIÓNS ÁS DEFICIENCIAS DO PAVILLÓN DE SANGRIÑA E UN PLAN DE MANTEMENTO INTEGRAL

-está nunhas condicións lamentables e precarias, que dificultan a práctica do deporte con garantías para nenos e clubes e non reune as condicións mínimas de seguridade- asegura Conchi Ortega

-está nunhas condicións lamentables e precarias, que dificultan a práctica do deporte con garantías para nenos e clubes e non reune as condicións mínimas de seguridade- asegura Conchi Ortega

Fecha: 19 de Noviembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Conchi Ortega critica que "está nunhas condicións lamentables e precarias, que dificultan a práctica do deporte con garantías para nenos e clubes e non reune as condicións mínimas de seguridade" Denuncian unha instalación eléctrica deficiente, falta de auga quente e de calefacción; goteiras e humidades... O Partido Popular da Guarda esixe ao Goberno municipal que solucione as graves deficiencias que hai no pavillón de Sangriña, e que elabore un plan de mantemento integral e de mellora desta instalación deportiva que dá servizo ao alumnado do centro, pero tamén a varios clubes deportivos do municipio. Recordan os populares que son os concellos quen teñen competencias para coidar e manter as instalacións deportivas, polo que "é o Goberno da Guarda o responsable de que actualmente o pavillón de Sangriña se atope nunhas condicións lamentables e precarias, que dificultan a práctica do deporte con garantías, aparte de non reunir unhas condicións mínimas de seguridade". Nesta liña, destacan que algunhas das anomalías graves detectadas son unha instalación eléctrica deficiente, con cables sen protección e sen tapas nas caixas, que provocan un importante risco por falta de seguridade; problemas coa auga quente nos vestiarios; instalación contra incendios de plástico en lugar de aceiro; saída de fume da caldeira cara ás gradas, e non por riba da cuberta, provocando risco de intoxicación; os vestiarios e a sala de recuperación non teñen calefacción; e hai importantes problemas de goteiras e de condensación, que fan perigoso o xogo nunha pista esvaradía. A voceira dos populares, Conchi Ortega, entende que "esta situación precaria non se pode estender máis, e é preciso que o Concello da Guarda empece a facerse responsable do deterioro destas instalacións, deterioro que están padecendo o alumnado do colexio e os clubes locais que o utilizan". Tal é o caso do clube de balonmán, que xoga en división de honor, e que nestas instalacións recibe aos equipos nacionais e internacionais aos que se enfrontan. "Desde logo que é unha imaxe lamentable, tanto para os nosos veciños como para todas as persoas que na fin de semana se desprazan ata o pavillón para ver xogar aos seus equipos", matiza. Asemade, Conchi Ortega entende que "chegamos a esta situación por unha falta constante e continua de mantemento, por unha deixadez de funcións que provocan que hoxe por hoxe falemos de anomalías e deficiencias graves e importantes". Por este motivo, no próximo pleno municipal esixirá, a través dunha moción, que o Goberno solucione de forma urxente estes problemas, e que elabore un plan de actuación e de mantemento deste pavillón para evitar que esta situación se repita no futuro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones