Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui alerta da -errática- política económica e da situación de inestabilidade financeira do concello tras varios anos sen presentar os orzamentos

O concelleiro Lino Cendón lamentou a -falta de previsión, de proxecto e a aposta polas obras faráonicas- ao tempo que se recorre a un recoñecemento de crédito de 759.431,70 euros para pagar facturas.

O concelleiro Lino Cendón lamentou a -falta de previsión, de proxecto e a aposta polas obras faráonicas- ao tempo que se recorre a un recoñecemento de crédito de 759.431,70 euros para pagar facturas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2024

Fuente: PP de Tui

O grupo municipal do PP de Tui vén de alertar da “errática” política económica e da situación de inestabilidade financeira do Concello ante a necesidade de recurrir a un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) de 759.431,70 euros para pagar facturas atrasadas e fora de presuposto, ao tempo que, por esta mala xestión das contas municipais, se deixaron de investir casi 400.000 euros nunha área tan sensible e necesaria como Servizos Sociais.

Soben os impostos xustificándoo para atender necesidades como os servizos sociais, e sen embargo no 2023, deixaron sen xestionar case 400.000€ destinados a este servizo. Importe que volve o remanente con que e pagan despois facturas que non seguen o procedemento legal de gasto, como as que traen no recoñecemento extraxudicial de crédito.

O concelleiro popular Lino Cendón lamentou a “falta de previsión e de proxecto do goberno socialista e a súa aposta polas obras faraónicas innecesarias” coma pode ser a reforma da praza de abastos ou a da rúa Augusto González Besada, que supoñen un gran investimento que só conseguen agravar todavía máis a situación económica actual do concello. Tamén indicou que as subas de impostos do goberno -que tiveron o voto en contra do PP- “debían centrarse en obras produtivas, en pagar axeitadamente aos provedores e cumprir co gasto social”

O concelleiro popular sinalou que recurrir continuamente a caixa dos aforros do concello “é síntoma do descontrol económico deste goberno”, xa que soamente deberíanse utilizar para cubrir gastos excepcionais sobrevindos. Sen embargo o goberno local recurre constantemente o remanente para pagar facturas atrasadas e fora de presuposto, saltándose os procedementos establecidos na Lei de Contratación do Sector Público. Indicou ademáis, de que existen informes desfavorables de intervención, que son “demoledores” e que advirten dun posible incurrimento en infraccións moi graves polo que o actual alcalde debe asumir responsabilidades”.

Finalmente, o edil do PP sinalou que que na actualidade estase operando cos orzamentos prorrogados do ano 2022 e o Concello “non pode funcionar correctamente” sen Orzamentos Municipais e instou ós socialistas a presentalos aínda que cremos que non teñen capacidade para elo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí