Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui critica a creación do imposto de plusvalía por parte do goberno socialista co apoio do BNG e négase a subir os tributos municipais -ata que o concello non teña un plan económico-

Os populares opuxéronse no pleno ao establecemento do Imposto municipal de plusvalía e lamentan a política económica -sen rumbo- que están a realizar os socialistas

Os populares opuxéronse no pleno ao establecemento do Imposto municipal de plusvalía e lamentan a política económica -sen rumbo- que están a realizar os socialistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Diciembre de 2023

Fuente: PP de Tui

O grupo municipal do PP de Tui vén de criticar a creación do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, comunmente conocido como o imposto de plusvalía, a proposta do alcalde, Enrique Cabaleiro, e co apoio do BNG na sesión plenaria ordinaria celebrada onte.

 

Os populares opuxéronse ao establecemento deste novo tributo, “xa que non suporía unha gran recaudación para o concello pero sí que suporía un esforzo para aquelas persoas que, por exemplo, reciban unha herdanza ” e advertiron que se negarán a respaldar calquera suba de impostos municipais proposta polo executivo socialista “ata que o Concello non conte cun plan económico”.

 

Neste senso, lamentaron que a política económica municipal “avance sen rumbo e que o Concello de Tui non teña un plan acaído á realidade actual e se manexe cuns orzamentos prorrogados hai anos”.

 

Por outra banda, o PP conseguíu a aprobación das súas mocións para incrementar nun 50%, a axuda á asociación asistencial SOS Tomiño Baixo Miño ata os 12.000 euros anuais e para corrixir o illamento e os problemas de acceso na rúa Bispo Salvado e na contorna de Riomuíños co apoio, en ambos casos, de BNG e Cx21. Por elo, e dado que o PSOE non respaldou ningunha destas propostas, advertíu de que lle van a esixir ao alcalde que “cumpra os acordos plenarios como é a súa obriga” e anunciou que estarán vixiantes para que se respecte a vontade da inmensa maioría da corporación e as necesidades dos veciños.

 

Así mesmo, o pleno tamén respaldou a moción popular para crear unha comisión de traballo, conformada polos catro grupos municipais, para abordar o problema do aparcamento no centro da cidade de Tui, “que é, sen dúbida, un dos maiores problemas desde hai moitos anos e que incluso estase acrecentando coas políticas do equipo de goberno”. O grupo municipal do PP lamentou o “escaso interese do alcalde” neste punto malia que os socialistas tamén respaldaron esta iniciativa e pediulle “proactividade e solucións” no que respecta ao estacionamento urbano.

 

Finalmente, tamén saíu adiante a moción conxunta presentada polo PP e Cx21 para a creación dun Centro de Información á Muller (CIM) malia que o BNG votou en contra, “xa que estaba máis preocupado en facer política con esta proposta presentando unha moción completamente politizada “na que as mulleres de Tui non eran a súa prioridade”, que en apoiar a creación dun servizo tan necesario no noso concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí