Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O PP de Tui denuncia a desidia do goberno municipal coa Eurocidade

Nos case seis meses de goberno municipal carecemos de iniciativa algunha por parte do Concello de Tui nunha área tan importante para o desenvolvemento de oportunidades de promoción conxunta para ambas comunidades.

A edición do calendario nova mostra da renuncia do goberno tudense a un traballo en cooperación con Valença.

Fecha: 16 de Diciembre de 2019

Fuente: PP de Tui

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Tui queremos expresar a nosa preocupación pola actitude de desidia que o Concello de Tui e en especial o seu Alcalde, responsable da área da Eurocidade (que no delegou en concelleiro algún) pois logo de case seis meses dende a súa toma de posesión non se ten abordado en momento algún un impulso á xestión da Eurocidade máis aló dalgunha actividade episódica ou seguindo a inercia de anos anteriores (axenda deportiva ou cabalgata de Reis).
 
Foi en febreiro de 2012 cando os municipios de Valença e Tui asinaron o acordo para a creación da eurocidade, cos gobernos municipais presididos por Jorge Mendes e Moisés Rodríguez. A creación desta entidade e o seu desenvolvemento é unha grande oportunidade para as cidades de Valença e Tui, pois ningunha outra das eurocidades existentes na Península posúen unha continuidade urbana como a que liga ás nosas cidades.
 
Nestes case seis meses de actividade do goberno municipal tudense non houbo reunión algunha, impulsada polo Concello de Tui, para avanzar na definición estratéxica da Eurocidade, no seu artellamento xurídico, na creación dun carné de eurocidadán, nunha axenda cultural conxunta, na promoción conxunta do Camiño Portugués, etc.
 
Mesmo nos proxectos europeos, impulsados pola Xunta de Galicia, nos que participa Tui os representantes do noso concello nin acoden ás reunións de traballo, como foi o caso da navegabilidade do río Miño, no que tamén están implicados as entidades de turismo de Galicia e Norte de Portugal así como os municipios de Monçao, Salvaterra e Valença, e que recentemente denunciamos dende este Grupo Municipal.
 
Algo similar sucede co programa Unicidade, cun importante investimento para a nosa cidade e do que carecemos de noticia algunha agás que na programación de Nadal segundo unha nota de prensa do concello se desenvolverá o programa "Anima Eurocidade" unha actividade desenvolvida conxuntamente por Tui e por Valença que conta co cofinanciamento da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal - Interreg VA e na que participaran diversas charangas locais. Co máximo respecto para estas agrupacións musicais destinar o investimento europeo para isto non resulta de recibo.
 
Por certo, unha programación de Nadal onde se renuncia a unha programación conxunta con Valença para aproveitar as sinerxías que se podían crear entre as nosas cidades, en materia cultural e turística ao longo deste período, conformándose exclusivamente coa continuidade da Cabalgata de Reis, unha iniciativa do ano 2009 do goberno do Partido Popular e que tanta sona e difusión ten acadado nos medios tanto de Portugal como España.
 
Unha última mostra do desinterese que amosa o goberno municipal de Tui por esta tema de cooperación no ámbito da Eurocidade, é a edición do calendario do ano 2020. Realizado co temática de portas históricas de Valença e Tui e aínda que figurando o logotipo da Eurocidade, se ten prescindido de realizar conxuntamente este almanaque como xe tiña feito en anos anteriores, provocando un fondo malestar na Cámara de Valença pola unilateralidade da actuación do goberno tudense.
 
Dende o noso grupo municipal solicitamos ao Alcalde tudense, como responsable deste tema que non foi delegado en concelleiro algún, que asuma a súa responsabilidade para impulsar a Eurocidade con Valença pois é un dos principais recursos estratéxicos da nosa cidade e ofrece múltiples posibilidades e de financiamento para o territorio miñoto. Non asumir esta dinámica de traballo expresa ou unha miopía ou unha incapacidade de visión política próxima á neglixencia.

O Concello de Tui que foi pioneiro, con Valença, no impulso ás relacións transfronteirizas coa creación da Eurocidade é agora o responsable do impasse en que ten sumido a este ilusionante proxecto colectivo pola neglixente actuación que está a desenvolver que dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Tui denunciamos ao tempo que esiximos se reconduza por parte do Alcalde a situación para evitar o fracaso deste proxecto de cooperación que tantas posibilidades ofrece para Valença e Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí