Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui denuncia que o Concello rexeitou en 2022 unha reforma da piscina cunha achega do 100% da Deputación

Os populares esixen explicacións ao alcalde pola perda dunha subvención que permitía executar as obras sen coste para o Concello e sen peche no verán

Os populares esixen explicacións ao alcalde pola perda dunha subvención que permitía executar as obras sen coste para o Concello e sen peche no verán

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O grupo municipal do Partido Popular de Tui denunciou este xoves a “neglixente xestión” do alcalde Enrique Cabaleiro e do goberno socialista pola reforma das piscinas municipais, que permanecerán pechadas durante todo o verán. Segundo afirman, no ano 2022 Tui tiña asignados 322.828,05 euros da Deputación de Pontevedra para acometer a obra cun financiamento íntegro, sen custe para as arcas locais e cun calendario que permitiría manter a instalación aberta durante os meses estivais.

O voceiro popular Nico Montes asegurou que “a obra estaba lista para executarse despois do verán de 2022, cun prazo de oito meses que permitiría ter as piscinas operativas antes de xullo de 2023”. Non obstante, esa opción foi rexeitada, segundo o PP, sen explicacións claras por parte do executivo local.

Actualmente, a mesma obra estase a executar cun orzamento de 349.989 euros, dos cales só 188.598 proceden dunha subvención estatal, sendo o resto financiado con fondos propios a través dun crédito extraordinario. Ademais, os prazos obrigarán a manter pechadas as piscinas durante todo o verán de 2025, segundo advirten os populares.

“Estamos ante unha mostra clamorosa de mala xestión: perdemos unha oportunidade única de facer esta obra sen coste e sen impacto, e acabamos pagando máis de 160.000 euros e pechando as piscinas durante os únicos meses nos que se utilizan”, sentenciou Montes.


Impacto en nenos e campamentos de verán

O PP de Tui tamén critica as consecuencias para a poboación, especialmente para os campamentos infantís, que contaban co uso da piscina como parte esencial da súa programación. “Falamos de centos de nenos e nenas que este ano quedarán sen esta alternativa de lecer e convivencia. Todo por unha decisión política desacertada que non ten xustificación posible”, engadiu o voceiro.

Desde o PP exixen que o alcalde dea explicacións públicas e se depuren responsabilidades políticas pola renuncia á subvención de 2022, que permitiría levar a cabo a actuación sen custos nin trastornos para os usuarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí