Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tui destaca as inversións que para Tui veñen recollidas nos Orzamentos autonómicos para o ano 2019

Os orzamentos da Xunta para o ano 2019 presentan un claro compromiso cos tudenses. Máis recursos para mellorar os nosos servizos públicos.

Os orzamentos da Xunta para o ano 2019 presentan un claro compromiso cos tudenses. Máis recursos para mellorar os nosos servizos públicos.

Fecha: 24 de Octubre de 2018

Fuente: PP de Tui

Dende o Partido Popular de Tui, facemos unha valoración mais que positiva dos orzamentos para o 2019 e manifestamos a nosa gran satisfacción polo compromiso mostrado pola Xunta de Galicia con Tui.

En materia de inversións, destacan os 3.088.758€ que se destinarán a avanzar na VAP Tui-A Guarda, permitindo o enlace da Área Empresarial de Areas coa A-55, conectando directamente o polígono de Areas con esta vía de altas prestacións, atendendo así as demandas dos veciños e usuarios do polígono ao mellorar a conexión desta importante zona industrial.

Comprométense tamén 1.000.000€ para o novo edificio xudicial que permitirá que este equipamento sexa unha realidade no primeiro semestre do ano 2019. As obras do novo edificio rehabilitando a antiga edificación do centro de saúde que xa están iniciadas, albergarán as dependencias dos tres xulgados de instancia e instrución cos que conta a nosa cidade así como rexistro civil, forensía, fiscalía e dependencias para avogados e procuradores. Trátase dun ambicioso proxecto moi necesario e co que se resolverán as necesidades actuais da Administración de Xustiza en Tui, garantindo as mellores dotacións públicas e beneficiando a tódolos cidadáns do partido xudicial que fagan uso desta nova infraestrutura.

Outra partida importante son os 400.000€ que contempla o proxecto de orzamentos do ano 2019 da Xunta de Galicia para a realización do novo CEIP de Pazos de Reis. Un equipamento que mellorará a atención educativa das alumnas e alumnos do centro. A construción dun novo centro moderno, debidamente equipado e que contemple o espazo axeitado para o desenvolvemento da actividade escolar é unha demanda á que se dará resposta con este primeiro paso.

A Xunta de Galicia demostra así que é a administración que, a un nivel superior ao local, máis inverte en Tui. Trátase duns orzamentos que presentan inversións clave para o desenvolvemento e futuro da nosa cidade.

Pola súa parte, o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas contempla tamén dúas importantes medidas que son de gran transcendencia para os veciños e veciñas afectados pola catástrofe de Paramos.

Así, establécense novas deducións fiscais relacionadas coas axudas amparadas polo Decreto da Xunta de Galicia 55/2018 do 31 de maio.

Por outro lado, contempla a modificación da Lei do Solo de Galicia, engadindo unha disposición adicional que permitirá autorizar a reconstrución coas mesmas características volumétricas que tiñan, dos edificios, construcións e instalacións afectados por situacións declaradas como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil.
O Partido Popular de Tui quere agradecer ao Presidente Alberto Núñez Feijoo e ao seu Goberno a clara aposta pola Cidade de Tui plasmada nos Orzamentos para o ano 2019.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones