Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui esixe a convocatoria inmediata da comisión de traballo do aparcamento para acordar solucións fronte á eliminación de prazas tras a rescisión do parquin

Os populares levaron ó pleno de novembro a iniciativa da creación dunha comisión de traballo que ofrecera solucións ó grave problema de aparcamento que ven sufrindo dende hai anos o centro da cidade.

Os populares levaron ó pleno de novembro a iniciativa da creación dunha comisión de traballo que ofrecera solucións ó grave problema de aparcamento que ven sufrindo dende hai anos o centro da cidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2024

Fuente: PP de Tui

  • Os populares levaron ó pleno de novembro a iniciativa da creación dunha comisión de traballo que ofrecera solucións ó grave problema de aparcamento que ven sufrindo dende hai anos o centro da cidade.

 

  • O voceiro municipal, Nico Montes, lamenta a “falta de propostas e o inmobilismo que arrastra o actual equipo de goberno ao non ser quen de solucionar por eles mesmos un problema que seguen agravando.”

O grupo municipal do PP de Tui vén de esixirlle ós socialistas que proceda á convocatoria da Comisión de Traballo que os populares propuxeron no pleno do pasado 30 de novembro “de xeito inmediato” para buscar solucións ó problema do aparcamento e actuar coa maior celeridade ante unha situación insostible.

Os populares refírense á iniciativa que levaron ante o pleno municipal para a creación dunha mesa de traballo conformada por representantes de todos os grupos da corporación municipal que aportara “solucións reais á falta de aparcamento” e lamentan que máis de tres meses despois o goberno local siga sen convocala polo que demandan a súa posta en marcha de xeito inmediato ante a gravidade da situación.

O voceiro municipal do PP, Nico Montes, reiterou a necesidade dun traballo conxunto nesta materia “para poñerlle couto ao problema do aparcamento e artellar solucións efectivas” e achacou a actual situación ao “inmobilismo” do goberno local. Neste senso, lembrou que no pleno celebrado o pasado 1 de febreiro, o alcalde indicou que a comisión convocaríase nas vindeiras semanas “pero pasa o tempo e segue totalmente aparcada sen que se vexa o mínimo interese por parte do executivo socialista cunha actitude de pasotismo que demostra moito desinterese polas necesidades reais da cidadanía”.

“As políticas levadas a cabo polo actual equipo de goberno coa eliminación de prazas de aparcamento no centro da cidade está a ser un grave problema que vimos sufrindo a cidadanía dende hai anos. É un problema que abrangue diferentes ámbitos, pero que castiga considerablemente ao noso comercio local,” explicou Montes. “Todos os días hai retencións na rúa Ourense, un caos circulatorio nas rúas novas e uns leira-parquins cheos de fochancas, polo que é preciso tomar de xeito urxente decisións que ofrezan solucións reais a un problema que se debeu arranxar hai anos”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí