Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui esixe ao alcalde solucións ao -grave problema- do aparcamento pola falta de prazas e presentará unha moción para propor unha comisión de traballo dos catro grupos municipais

O PP cre que o equipo de goberno demostra unha gran incapacidade ante a falta de solucións efectivas

O PP cre que o equipo de goberno demostra unha gran incapacidade ante a falta de solucións efectivas

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Noviembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

O grupo municipal do PP de Tui vén de presentar unha moción para esixir de maneira firme ao equipo de goberno, unha comisión de traballo formada por todos os grupos que conforman a corporación municipal, que adopte “solucións de maneira sensata e efectiva” fronte ao “grave problema” de aparcamento na cidade. Esta situación ven motivada pola falta de prazas, polo fracaso do proxecto do aparcadoiro subterráneo que os socialistas non foron capaces de levar a cabo, e pola constante e recorrente aparición de grandes fochancas na zona habilitada como aparcamento na traseira da Área Panorámica e que comprometen a seguridade e integridade de viandantes e vehículos.

O voceiro municipal, Nico Montes, cre que esta situación, que sen dúbida é un dos maiores problemas de Tui dende hai moitos anos, “chegou a un punto intolerable e inadmisible para todos os que a sufrimos decotío”. Considera queo goberno socialista está “completamente desbordado, sen solucións e que carece dun plan para o futuro”.

Ao respecto, acusou directamente a Enrique Cabaleiro de “falta de xestión”, xa que lembra que leva mais de 7 anos exercendo como alcalde e “Tui atópase en peor situación que cando iniciou o seu mandato. As humanizacións realizadas eliminaron moitas das prazas de aparcamento e non se ofreceu ningunha alternativa nin se executou nin unha soa solución”. E así, vemos como as prazas de aparcamento se están reducindo ano tras ano en todo o centro da cidade.

“Ademais do secretismo na rescisión coa adxudicataria do aparcadoiro, que é algo que nos preocupa bastante, os socialistas teñen que deixar de malgastar os recursos económicos. Os custos de persoal, maquinaria e material facendo parches, na traseira da Área Panorámica, son elevados e recorrentes. Non son unha solución definitiva a un problema que nun par de semanas de choivas volve a aparecer. Xa é hora de que Tui conte cun plan de futuro, unha alternativa definitiva para o problema do aparcamento”, sinalou o voceiro, que destacou que, coa situación actual, estanse a causar graves perxuízos ao comercio, ao turismo e á propia imaxe da cidade.

Por todo elo, o PP tudense destaca que, malia as merecidas críticas ao alcalde e ao goberno socialista por este asunto, quere apostar polo diálogo e a busca dunha solución consensuada, polo que propón a creación dunha Comisión de Traballo dos catro grupos municipais para adoptar “un plan de acción inmediato e acordar unha alternativa definitiva”. No seo de dar un primeiro paso para desbloquear esta situación, volverán a insistir no seu proxecto para construír un aparcadoiro en altura público con 250 prazas nas inmediacións da Praza de Abastos “por ser a solución máis viable, económica, sostible e áxil na súa execución”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí