Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tui esixe unha implicación real da Deputación e do Estado cos afectados de Paramos

Piden ao PSOE e BNG de Tui que se deixen de seguidismo político e reclamen á institución provincial axudas económicas.

Piden ao PSOE e BNG de Tui que se deixen de seguidismo político e reclamen á institución provincial axudas económicas.

Fecha: 25 de Agosto de 2018

Fuente: PP de Tui

O Grupo Municipal do Partido Popular de Tui, por medio do seu voceiro manifesta en relación coa xestión das medidas relacionadas cos afectados pola catástrofe na parroquia de Paramos en Tui o seu malestar e descontento en relación coa actitude hacia os mesmos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Este grupo esixe do ente provincial unha implicación real no problema. Ata o de agora, ao contrario do que manifestou recentemente a súa Presidenta Carmela Silva, as axudas prometidas non chegan, dado que a institución non está a asumir a súa responsabilidade, tendo e conta que a Deputación ten a obriga, como administración mais próxima aos Concellos, prestarlle axuda e apoio inmediato.

A axuda que prestou é de mínimos, soamente leva aportado un aparellador e unha traballadora social a tempo parcial, pero o Bipartito PSOE-BNG na Deputación négase a aprobar axudas directas para os afectados, unha axuda que resulta fundamental porque en situacións excepcionais todas as administracións deben sumar. E isto ocorre mentres o PSOE e BNG locais son cómplices desta situación, xa que en lugar de defender os intereses dos veciños de Paramos, están mirando cara outro lado por seguidismo político.

Así mesmo, valoramos negativamente a actuación do goberno central actual, e pídelle a culminación definitiva do expediente para a "declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil", iniciada nos seus trámites polo anterior goberno do Partido Popular pero que actualmente aínda non se ten aprobado a pesar de que no día de hoxe se ten celebrado un Consello de Ministros perdéndose así unha oportunidade mais de permitir que os afectados poidan cobrar o cen por cen das axudas.

Este Grupo Municipal, con responsabilidades no goberno actual do Concello de Tui, recalca as iniciativas que se teñen feito dende o Concello, tales como a apertura dunha liña de crédito do orzamento municipal dun millón de euros ampliable (aprobada pola totalidade do Pleno) para facer fronte aos gastos mais inmediatos. Así destacamos que se procedeu á aprobación do desamiantado por valor de preto de 350.000 euros.

Por outra banda, se ten constituído unha oficina de atención aos afectados que conta cun xerente urbanístico, unha traballadora social, dous asesores xurídicos e persoal administrativo. Esta actuación completarase a vindeira semana coa contratación dun arquitecto e dunha traballadora social no marco de dous proxectos de execución temporal aprobados ao efecto.

Por último, este grupo municipal, pon en valor a labor realizada pola Xunta de Galicia, vistas as medidas adoptadas dende o inicio desta crise, única administración xunto co Concello que prestaron unha axuda real aos afectados por esta grave catástrofe. A aportación de preto de 8 millóns de euros en axudas así como a iniciativa presentada polo Grupo do Partido Popular no Parlamento de Galicia mediante unha proposición non de lei, aprobada no mesmo, co fin de solicitar a aprobación de diversas exencións fiscais para os beneficiarios das axudas, son claros exemplos da implicación do goberno autonómico nesta catástrofe. Solicitamos por tanto, que o resto de administracións se impliquen na resolución deste grave problema.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones