Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tui pide explicacións pola non prensenza de representación tudense no proxecto de navegabilidade do Rio Miño

O grupo municipal de Partido Popular lamenta esta ausencia do goberno municipal que nun tema estratéxico para Tui, como é a promoción turística, demostra está falta de interese e de xestión.

O grupo municipal de Partido Popular lamenta esta ausencia do goberno municipal que nun tema estratéxico para Tui, como é a promoción turística, demostra está falta de interese e de xestión.

Fecha: 21 de Noviembre de 2019

Fuente: PP de Tui

O Grupo Municipal do Partido Popular de Tui quere expresar a súa sorpresa pola noticia que figura hoxe nos medios de comunicación sobre o proxecto de navegabilidade do río Miño presentada onte en Monçao e onde o Concello de Tui carecía de representación. Neste acto participaron os municipios de Salvaterra, Monçao e Valença asi como a Xunta de Galicia e Turismo Porto e Norte faltando unicamente a presenza do Concello de Tui.

Nunha nova oportunidade queda en evidencia a inexistencia dunha xestión turística na nosa cidade, destinada a promover concursos fotográficos de nulo interese ou crear unhas letras turísticas de "Tui" que permaneceron ocultas na oficina de Turismo case todo o verán pola súa infima calidade.
 
Pero agora cando se trata de abordar un proxecto de grande interese como é a creación de rutas fluviais polo río Miño cun investimento superior a 1,1 millón de euros o Concello de Tui está ausente, nin o Alcalde, nin o Concelleiro de Turismo nin ningún outros dos cinco concelleiros con soldo a cargo do Concello tiveron interese en asistir á presentación dun proxecto de colaboración transfronteiriza de indubidable proxección.

O turismo e un tema estratéxico para Tui, que como comprobamos co caso do Camiño de Santiago ofrece enormes potencialidades para o desenvolvemento socio-económico. A creación de novas ofertas turísticas e especialmente o relacionado coa promoción do río Miño e a cooperación nesta materia cos concellos transfronteirizos abre novas posibilidades e expectativas. Lamentablemente o goberno municipal tudense está ausente proxectando unha imaxe penosa da nosa cidade, de desinterese, de falta de planificación estratéxica, de ausencia nas decisións que poden significar un progreso para a nosa cidade.

O grupo municipal de Partido Popular lamenta esta ausencia do goberno municipal que nun tema estratéxico para Tui, como é a promoción turística, demostra está falta de interese e de xestión. Agardamos que polo responsable da concellería de Turismo ou polo Alcalde, como máximo responsable do goberno municipal, se dean as explicacións precisas e se fagan as xestións pertinentes para que Tui participe activamente neste proxecto de importancia estratéxica para o sector turístico tudense, que é un dos mais importantes economicamente para a cidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones