Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tui rexeita o novo ataque do Alcalde por non aprobar o aumento das retribucións do equipo de goberno

Debemos recordar que o PP de Tui é o único partido que ata o momento mostrou a súa disposición para aprobar as mesmas dedicacións e soldos que o actual Alcalde propuxo no anterior mandato, incrementados co IPC.

Debemos recordar que o PP de Tui é o único partido que ata o momento mostrou a súa disposición para aprobar as mesmas dedicacións e soldos que o actual Alcalde propuxo no anterior mandato, incrementados co IPC.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2023

Fuente: PP de Tui

A través de varios medios, o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acusou ó PP de Tui e ó seu líder de ser responsables das pancartas nas que se difunde unha enquisa sobre se Tui se está a converter nunha “cidade morta”.


En primeiro lugar, debemos deixar claro que nin o PP de Tui nin ningunha das persoas que o integran teñen relación algunha coa mencionada actuación. O PP de Tui dispón das canles necesarias para consultar a opinión da cidadanía sobre os temas que lle preocupan, e o fai de cotío en cada barrio e parroquia sen necesidade de recurrir a medios como o referido.


Por outra banda, os desacordos existentes entre o PP de Tui e o equipo de goberno local sobre numerosos asuntos que afectan á cidade son sobradamente coñecidos. Ningún sentido tería que o PP de Tui recurrise ao anonimato para poñelos no centro do debate cando o fai públicamente en cada pleno ou comparecencia.


Dito o anterior, dende o PP de Tui queremos resaltar o dereito de toda a cidadanía a expresarse libremente e a manifestar as súas inquietudes e mesmo críticas aos gobernantes, sempre co máximo respeto á legalidade e á orde pública. Cremos tamén que ese dereito á libre crítica esixe dos gobernantes criticados unha certa altura de miras, afastada da permanente sensación de que todo desacordo é un ataque persoal que merece vinganza.


Neste sentido, resulta indignante que a primeira reacción do Alcalde de Tui fronte a esta crítica, que él mesmo califica de “privada e lexítima”, sexa acusar directa e persoalmente ao líder do PP de Tui.


O motivo real desta nova acusación por parte do Alcalde é claro: a negativa do PP de Tui a aprobar o aumento das retribucións do equipo de goberno proposto polo Alcalde, e según a cal se pasaría de dúas a cinco dedicacións exclusivas sen xustificación lexítima algunha.


Debemos recordar que o PP de Tui é o único partido que ata o momento mostrou a súa disposición para aprobar as mesmas dedicacións e soldos que o actual Alcalde propuxo no anterior mandato, incrementados co IPC.


A capacidade de dialogar e de chegar a acordos é unha virtude básica na política, que se volve indispensable cando se goberna en minoría. O PP de Tui non é responsable da incapacidade do Alcalde para chegar a un acordo sobre este asunto con ningún outro partido.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí