Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tui valora a inclusión do municipio de Tui no Plan Rexurbe da Xunta de Galicia

Trátase dunha magnifica nova de especial trascendencia para o noso Concello que permitirá achegar recursos públicos para adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono no Casco Histórico de Tui para proceder a súa rehabilitación.

Trátase dunha magnifica nova de especial trascendencia para o noso Concello que permitirá achegar recursos públicos para adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono no Casco Histórico de Tui para proceder a súa rehabilitación.

Fecha: 14 de Marzo de 2019

Fuente: PP de Tui

O candidato do Partido Popular de Tui, José Ángel Fernández Rodríguez, manifesta a súa enorme satisfación co anuncio feito, esta tarde pola Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez de incorporar o municipio de Tui no Plan Rexurbe.

Trátase dunha magnifica nova de especial trascendencia para o noso Concello que permitirá achegar recursos públicos para adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono no Casco Histórico de Tui para proceder a súa rehabilitación.

A inclusión do noso Concello neste programa implicará un antes e un despois na recuperación do noso Conxunto Histórico, o segundo mais importante de Galicia. Estas medidas, necesariamente deberán complementarse con outras de identico ou maior calado que se poidan implementar dende o propio Concello.

A Xunta de Galicia a través de devandita Consellería, cumpre así cunha débeda histórica co noso Concello. O chamado programa Rexurbe foi convocado por primeira vez o ano pasado e ten como obxectivo favorecer a rehabilitación de zonas degradadas e inmobles localizados nos cascos históricos de certos municipios galegos. Anteriomente centrouse nos concellos de Ferrol, Betanzos, Ourense e Lugo mentres que a deste ano, tal e como explicou a conselleira, ampliarase aos cascos vellos de Tui, Ribadavia e A Coruña.

A revitalización do noso conxunto histórico forma parte dun plan de acción que ten que continuar coa máxima implicación da administración municipal, facilitando e colaborando coas medidas anunciadas neste programa.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base neste programa, aquirirá inmobles, mediante a fórmula de oferta publica e por concurso público para a súa rehabilitación.

Os propietarios interesados poderan ofrecer os inmobles da súa propiedade para que estes sexan adquiridos polo IGVS co fin desta reconstrucción ou rehabilitación.

O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme a uns criterios fixados, entre os que destacan:

- Edificios que teñan un valor arquitectónico especial que aconselle a súa recuperación.
- Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado.
- Ofertas que contemplen a recuperación dunha mazá completa.

Unha das prioridades do noso programa electoral cara o vindeiro mandato será o de establecer un programa municipal de rehabilitación que en combinación co Plan Rexurbe, permita traballar pola plena recuperación e revitalización do noso Conxunto Histórico. Contribuiremos así xunto coas medidas da Xunta de Galicia á rexeneración dun espazo vital do noso Concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones