Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP denuncia o peche da oficina do oral en Tui sen que Deputación e Concello busquen alternativas urxentes

Dende hai tres semanas a oficina do ORAL (Organismo de Recadación da Administración Local) na cidade de Tui, sito na rúa Coruña, está pechada por problemas hixiénicos que impiden o seu funcionamento.

Dende hai tres semanas a oficina do ORAL (Organismo de Recadación da Administración Local) na cidade de Tui, sito na rúa Coruña, está pechada por problemas hixiénicos que impiden o seu funcionamento.

Fecha: 15 de Febrero de 2020

Fuente: PP de Tui

Dende hai tres semanas a oficina do ORAL (Organismo de Recadación da
Administración Local) na cidade de Tui, sito na rúa Coruña, está pechada por problemas hixiénicos que impiden o seu funcionamento.
 
A única alternativa que se lle ofrece aos cidadáns de Tui é desprazarse ata O Porriño ou a oficina itinerante os mércores en Tomiño para realizar alí as xestións que precisen o que implica, como mínimo unha molestia e un gasto tanto económico como de tempo, ou a imposibilidade de realizar estas xestión para persoas con problemas de mobilidade e evidencia unha concepción onde o que prima non é o servizo ao cidadán.
 
Este Grupo Municipal ten recibido numerosas queixas por parte de cidadáns afectados por este peche sen alternativa na nosa cidade, e por tanto denunciamos a pasividade tanto da Deputación Provincial como do Concello de Tui polo seu desleixo ao non procurar unha solución a este importante problema que afecta a un servizo de carácter público.
 
Desleixo da Deputación, coñecedora dende hai tempo dos problemas que presenta esta local, e que non ten feito ningunha reparación ou, no seu caso, xestión algunha para procurar un local alternativo que siga facilitando o acceso a este servizo de recadación por parte dos cidadáns de Tui.
 
Desleixo do Concello de Tui por non terse preocupado nin sequera se ofrecer un local alternativo en dependencias municipais para que este servizo se continuase prestando e funcionando na nosa cidade e así evitar molestias innecesarias e inconvintes ao seus cidadáns. Pero neste tema como en tantos outros o goberno municipal mostra a súa desidia e carencia de pulso para a xestión dos asuntos que afectan ao veciños de Tui.
 
Este grupo municipal do PP esixe tanto da Deputación Provincial como do Concello de Tui unha urxente solución coa posta en funcionamento dunha oficina de carácter temporal que atenda aos cidadáns de Tui e que non se sigan vendo obrigados a desprazarse a outros municipios para as súas xestións no ORAL. Neste sentido o Partido Popular presentará senllas mocións no Pleno do Concello de Tui e da Deputación Provincial reclamando a urxente solución a este problema que padecen os cidadáns tudenses pola desidia do gobernos socialistas na Deputación Provincial e no Concello de Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones