Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O presidente da Xunta inaugurou o novo edificio xudicial de Tui

Avanza que nas próximas semanas licitarase o anexo ao enlace da vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda

Avanza que nas próximas semanas licitarase o anexo ao enlace da vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda

Fecha: 28 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o novo edificio xudicial de Tui, cun investimento de preto de 3 millóns de euros, recupera un edificio céntrico e concentra nunha soa infraestrutura os 3 xulgados e 3 salas de vistas con máis espazo e mellores condicións.

Trátase dun edificio de 1.500 m2, un incremento de superficie útil con respecto ás actuais dependencias de máis de 500 m2, que darán servizo a 50.000 habitantes e a unha Administración de máis de 30 empregados públicos. O presidente da Xunta puxo en valor a mellora na eficiencia enerxética do edificio grazas a un notable reforzo do illamento.

Durante o acto inaugural, Feijóo recordou que, a pesar do cambio de función do edificio, este seguirá estando ao servizo dos cidadáns e dos veciños de Tui que acudan á Administración de Xustiza. Ao fío disto, o presidente da Xunta reflexionou sobre a necesidade de dotar aos servizos públicos de medios, recursos e actualizacións, así como de garantir a estabilidade institucional e a gobernabilidade.

A este respecto, lembrou que Galicia leva desde 1995 administrando as competencias do Servizo de Administración de Xustiza en materia de medios persoais e económicos con responsabilidade e priorizando este gasto ao entendelo como unha inversión de carácter social, "lonxe de recortar durante a crise, aumentamos o investimento", subliñou.

Un esforzo orzamentario que, tal e como explicou, se incrementou nos últimos dez anos grazas ao Plan de infraestruturas xudiciais. Un plan que ten por obxecto mellorar as instalacións existentes e prever as necesidades estruturais da planta xudicial do futuro e que contaba cun presuposto inicial de 97 M€ que xa foi superado con máis de 115 M€ investidos polo de agora.

De feito, este incremento materialízanse na xa rematada rehabilitación da Fábrica de Tabacos da Coruña, nos novos edificios xudiciais de Ourense, Santiago e Pontevedra-nestes momentos co inicio do traslado-, e no edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo que, unha vez rematen as obras, albergará todas as dotacións xudiciais da cidade, "a maior infraestrutura xudicial nunca feita en Galicia", sentenciou.

Así, o presidente da Xunta puxo en valor que esta nova infraestrutura xudicial e o resto das anteditas incluídas no plan permiten dotar ás principais cidades de Galicia de edificios xudiciais modernos e funcionais que resolven os problemas existentes e cobren as necesidades para as próximas dúas décadas.

Feijóo sinalou os avances nos servizos fundamentais para a organización da Administración de Xustiza, que son as infraestruturas tecnolóxicas, incidindo en que "hai unha administración de xustiza antes e despois de 2009". Así, destacou os 50 millóns de euros destinados ao Plan Senda, co que conseguimos moitos avances neste eido como a implantación do repositorio unificado xudicial, que é a base do resto de aplicacións como o visor do expediente xudicial ou a sede electrónica.

Ademais, incidiu noutros avances como a posta en marcha das oficinas de atención á vítima nas 7 cidades galegas, a renovación do mobiliario e "a asistencia xurídica gratuíta a todas aquelas persoas que non cobren o umbral de renda que establece a lei e que supón para a Xunta un investimento de 10 millóns de euros", aseverou.

Finalmente o presidente da Xunta concluíu recordando que o Goberno galego, a pesar da crise económica, inaugurou no ano 2016 "o centro de saúde que merecía Tui, o centro de administración de xustiza que Tui merecía". Tamén aseverou que espera ter o solar axeitado para mellorar o colexio de Pazos do Rei e avanzou que nas próximas semanas se licitará o enlace de Areas, anexo ao treito 1 da vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones