Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PRESIDENTE DE A GUARDA HOCKEY LIÑA SOLICITA IMPLICACIÓN POLÍTICA PARA MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS MUNICIPAIS

Considero que esta carencia do noso pobo merece a atención da clase política para acadar o orzamento imprescindible para a consecución desta infraestructura.

Dirixo este escrito a tódolos grupos políticos que concorreran as próximas eleccións municipais para por de manifesto a necesidade urxente e prioritaria na nosa vila dun pavillón polideportivo municipal.

Fecha: 03 de Marzo de 2015

Fuente: Miguel Fernández Lomba

Son Miguel Fernández Lomba, veciño da Guarda e presidente do Clube A Guarda Hockey Liña dende o mesmo día da sua fundación. Con traballo e esforzo imos conseguindo pequenos logros e esta tempada temos equipos competindo nas tres categorías: masculino, feminino e infantil.

Dirixo este escrito a tódolos grupos políticos que concorreran as próximas eleccións municipais para por de manifesto a necesidade urxente e prioritaria na nosa vila dun pavillón polideportivo municipal.

Considero que esta carencia do noso pobo merece a atención da clase política para acadar o orzamento imprescindible para a consecución desta infraestructura.

Pola parte que me afecta directamente, o hockey liña, represento a un clube con perto de corenta xogador@s (a metade nen@s menores de doce anos) que adestra case que a diario no pavillón do colexio As Solanas: a pista do pavillón é de cemento pulido, superficie moi abrasiva, o que provoca o rápido deterioro de rodas, patíns, sticks e demais material utilizado en esta disciplina. O deterioro da cuberta da instalación produce goteiras e filtracións co consecuente perigo para @s usuari@s. O pavillón carece de valla de protección, dotamento imprescindible para a práctica do hockey o que á postre impide ó clube poder competir na vila. Carecemos de algo tan básico coma vestiarios, o que obriga @s xogador@s a cambiarse nos aseos e a marchar para casa sen ducharse. Pese a estas carencias directiva, técnicos, pais e xogador@s seguimos traballando coa mesma ilusión que o primeiro día e a espera de que por fin alguen atenda ás nosas demandas.

Ate aquí o referente á nosa disciplina, pero iso non é todo xa que outros colectivos non menos importantes padecen as mesmas carencias que nos.

Comezarei polo equipo mais laureado do deporte guardés: o Atlético Guardés de Balonman que disputa a división de honor nacional co equipo feminino. De tod@s é coñecido o estado do pavillón da Sangriña e de que a pesares de contar con unha moi boa superficie de xogo ten grandes carencias en tódolos demais equipamentos (aparcamento, vestiarios, graderío, etc) paréceme que unha disciplina de tal repercusión e capaz de mover a tantas persoas merece un lugar mais digno e acorde coa categoría que ocupan.

Por outra banda compre sinalar o alto número de practicantes de fútbol sala que hai na Guarda, deportistas que adestran esparexidos nos pavillóns dos colexios e que dende fai anos carecen de competición local, competición que existiu dende sempre na vila e que rematou por desaparecer.

Así mesmo disciplinas coma o voleibol ou o baloncesto están a agromar na Guarda, atopándose coa triste realidade de non ter dispoñibles infraestructuras óptimas para adestrar ou competir.

Como poden comprobar estamos a falar de un grande número de deportistas de tódalas idades que ven coma en outros pobos e vilas dos arredores sí se invirte en instalacións que por outra banda son imprescindibles para o crecimento do tan necesario deporte guardés.

É por isto que a través de este escrito desexaría que os diferentes grupos políticos candidatos á Alcaldía da Guarda sopesasen estas necesidades para a vindeira lexislatura, xa que considero que agora é o momento de facer algo ó respecto.

Sin mais que engadir, un saúdo.
Miguel Fernández Lomba.
Presidente de A Guarda Hockey Liña.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones