Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O proxecto Río Miño, un destino navegable presentado nun congreso internacional en Huelva

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu a coñecer hoxe os obxectivos desta actuación conxunto con Valença, Salvaterra e Monçao

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu a coñecer hoxe os obxectivos desta actuación conxunto con Valença, Salvaterra e Monçao

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A presentación do proxecto transfronteirizo “Río Miño, un destino navegable” foi unha das ponencias que tiveron lugar esta mañá na  xornada sobre “Dinamización territorial, patrimonio e turismo no tramo internacional transfronterizo: o caso do río Miño”. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, desprazouse até Punta Umbría en Huelva, para dar a coñecer este proxecto desenvolvido polo concello de Tui xunto ao de Salvaterra de Miño e as Cámaras Municipais de Valença e Monçao.

Esta actividade é un dos tres seminarios organizados no marco do Foro Internacional de Transferencia de Coñecemento en Economía Azul que se celebra en Huelva dentro do proxecto europeo Atlazul. A organización corresponde ao Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, socio nesta acción financiada polo programa Interreg de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, tras rematar a ponencia salientou que “é toda unha satisfacción vir a presentar a un congreso internacional un proxecto que atañe directamente a Tui, á Eurocidade Tui-Valença, e tamén a Monçao – Salvaterra, convidados polo CETMAR”.  O rexedor tudense valorou positivamente “a acollida que este proxecto tivo neste congreso, o que nos anima a seguir traballando no mesmo”, avanzando que “debemos estudar a ampliación do mesmo cara unha segunda fase, na que haberá que reformular varias cuestións”. Engadía que “estamos diante dunha actuación que está encamiñada a pór en valor o río Miño, e mediante a súa posta en valor convertelo tamén nun elemento de dinamización turística e polo tanto económica, e tamén pondo en valor os recursos patrimoniais e culturais que temos, como un elemento de dinamización social”.

O proxecto Río Miño Navegable ten coma obxectivo principal mellorar a navegabilidade do río Miño internacional, pondo en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natural 2000 do Baixo Miño e aproveitando a existencia de patrimonio natural e cultural de alto interese turístico asociado á especificidade do territorio coma vantaxe competitiva fronte a outros destinos.  O proxecto centrouse na mellora da navegabilidade no tramo de 16 quilómetros comprendido entre as pontes internacionais Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, a adecuación de infraestruturas fluviais, no caso de Tui no embarcadoiro pantalán situado no Penedo, e a dotación de medios de mobilidade sostible coma o barco que realiza paseos fluviais. Tamén recolle este proxecto transfronteirizo a creación do Centro Transfronterizo de Interpretación Ambiental do Río Miño Internacional, e a posta en valor do corredor medio ambiental do río Miño, a consolidación da marca Visit Miño da que formou parte a apertura da nova oficina municipal de Turismo de Tui, e a creación da rúa fluvial do río Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí