Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSOE de Tui cuestiona a contratación dunha auditoria sobre o funcionamento do Departamento de Urbanismo do Concello de Tui

Recordan que existe un programa chamado Xestiona, mediante o cal se pode facer un seguimento exhaustivo ao funcionamento das unidades administrativas do Concello de Tui.

Recordan que existe un programa chamado Xestiona, mediante o cal se pode facer un seguimento exhaustivo ao funcionamento das unidades administrativas do Concello de Tui.

Fecha: 25 de Octubre de 2018

Fuente: PSdG-PSOE de Tui

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Tui manifesta a súa incredulidade ante o anuncio feito polo Alcalde de Tui de contratar unha auditoria sobre o funcionamento do Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, cando no Concello de Tui xa existe un programa, que deixou en marcha o Goberno anterior, chamado Xestiona, mediante o cal se pode facer un seguimento exhaustivo ao funcionamento das unidades administrativas do Concello de Tui.

Desde este Grupo se lle recorda ó Alcalde que é contradictorio cuestionar o funcionamento da Oficina de Urbanismo do Concello de Tui a vez que se lle permite a Concelleira de Urbanismo Chus da Silva estar ausente das suas obrigas coma concelleira de Urbanismo mentres se adica ao seu posto de traballo. Si non pode atender as suas responsabilidades políticas debería cando menos, cederllas a outra persoa.

Tamén se cuestiona a forma de proceder ao contrato de esta auditoría, facéndoo mediante unha modificación de crédito con cargo ao remanente de tesorería e non mediante unha modificación orzamentaria, que sería o reglamentario. Esta forma de proceder se está levando a cabo con bastante frecuencia por este Alcalde, camuflando gasto corriente coma gasto extraordinario para evitar así un mais que seguro desfase orzamentario e que denota tamén unha forma de gobernar a base de improvisacións en asuntos de transcendental importancia.

Outras das técnicas mais utilizadas polo actual Alcalde de Tui e simular contratos menores, para evitar así a súa licitación e poder adxudicalos a dedo, como é o caso que nos ocupa e que xa se utilizou para adxudicar o estudo de viabilidade dun parking soterrado no Concello de Tui, redúcese a cuantía da licitación e así evítase un procedemento de contratación contradictorio e igualitario.

A mesma situación de irregularidade afecta ao novo xurídico contratado polo Concello de Tui, o Letrado Juán Arnáiz, de Auren abogados, ao que se lle fixo un contrato menor, para ser adxudicado a dedo, lembrando asemade que este letrado está tamén levando a maioires, a representación procesal do Concello de Tui noutros expedientes xudiciais, vulnerando así as posibles incoompatibilidades que se puideran derivar destas actuacións.

Compre lembrar que o anterior Gboerno tamén sacou unha praza de Técnnico de administración Xeral, pero o fixo mediante a creación dun programa de execución temporal e a realización das pertinentes probas selectivas, para eliminar o que agora se está a producir, que é adxudicar a dedo postos na Administración Local.

O Grupo Municial Socialista entende que con estas medidas o único que se pretende é gobernar a golpe de titular de prensa, en xeito modo para tratar de encubrir unha xestión nefasta, neste caso tamén na Oficina de Urbanismo e tratar de camuflar graves irregularidades na tramitación de expedientes como o da pirotecnia de Baldráns, neste caso sometendo o control e examen da Administración a persoas alleas á mesma, entregando un contrato de servicios menor a alguén concreto e determinado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones