Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSOE de Tui denuncia do estado actual da senda PRG 19 e da senda que vai dende o Centro Interfederado ata a vella Ponte Internacional

Son innumerables as queixas que transmiten os veciños e usuarios destas dúas sendas, que non só son usadas polos veciños de Tui, senón tamén polos turistas e peregrinos

Son innumerables as queixas que transmiten os veciños e usuarios destas dúas sendas, que non só son usadas polos veciños de Tui, senón tamén polos turistas e peregrinos

Fecha: 22 de Mayo de 2018

Fuente: PSdeG-PSOE Tui

No ano 2010, a través dun Obradoiro de Emprego "Ambiental Tui", cun orzamento de 700.000 euros, financiados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, que abarcaba 19 kilómetros, percorrendo a Veiga do Louro, ao seu paso polas parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas. A día de hoxe, moitos tramos se atopan intransitables. Para o Grupo Municipal Socialista, resulta realmente lamentable, despois da cuantiosa inversión realizada no noso Concello, co obxectivo de dar a coñecer os recursos naturais cos que contamos, así coma fomentar o turismo na nosa localidade, que nestes momentos non se realicen unas mínimas actuacións de mantemento e conservación como un simple desbroce ou retirada de árbores caidos que están a impedir o tránsito a calquera persoa que decida utilizar a senda.

En relación a este tramo de senda o Grupo Municipal Socialista lamenta que o proxecto de paseo entre a Marina e a praia da Metralla, que estaba prevista executar con cargo a unha baixa das partidas de Deputación no ano 2017, a actual Goberno non fose quen de levala a cabo e nin tan siquera apareza nos Plans da Deputación do Concello de Tui para este ano.
 
Nunha situación similar se atopa o tramo da senda que vai dende o Centro Interfederado ata a vella Ponte Internacional, obra que no seu día executou Costas e impulsada polo anterior equipo de goberno no ano 2016 e que contou cun orzamento de 80.000 euros. Cabe salientar que este tramo é utilizado na actualidade por moitos peregrinos na súa entrada cara a Tui. Asemade siguen sin concretarse avances da prolongación desta senda cara ó Concello de Tomiño, proxecto que redactara o anterior goberno así coma a xestión cos veciños afectados pola senda.

Son innumerables as queixas que transmiten os veciños e usuarios destas dúas sendas, que non só son usadas polos veciños de Tui, senón tamén polos turistas e peregrinos que acoden ó noso concello para disfrutar de actividades de ocio e práctica deportiva nun entorno tan privilexiado como o ribeireño de Miño ao seu paso por Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones