Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O recinto do Centro Cultural da Guarda conta cun novo parque de calistenia

O pavillón municipal conta cun novo marcador e o pavillón da Sangriña, cun novo xogo de canastras abatibles.

O pavillón municipal conta cun novo marcador e o pavillón da Sangriña, cun novo xogo de canastras abatibles.

Fecha: 06 de Abril de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O recinto do Centro Cultural conta, dende hai unhas semanas, cun novo parque de calistenia para a práctica de exercicio físico ao ar libre. Esta nova instalación responde á demanda dos mozos e mozas guardeses interesados na realización desta popular disciplina deportiva baseada no exercitación de todo o corpo facendo uso do propio peso.

Así, os elementos instalados xunto ao emblemático edificio guardés permitirán a veciños e veciñas do municipio adestrar a súa musculatura e desenvolver a súa flexibilidade, forza física e axilidade a través de exercicios simples aptos para todo o público.

Esta actuación, cun custe total próximo aos 5.000€, levouse a cabo co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

Mellora de equipamentos
O Concello da Guarda tamén ven de emprender actuacións de mellora do parque biosaudable e a zona de xogo infantil instalados no recinto do Centro Cultural. Nesta liña, foron reparados e/ou substituídos os elementos deteriorados destas zonas deportivas e de ocio, que permiten a persoas de diferentes idades realizar actividade física ao ar libre.

Amais destas accións, e tamén contando co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos, o pavillón municipal conta cun novo marcador e o pavillón da Sangriña, cun novo xogo de canastras abatibles. O investimento total en equipamento deportivo ascende a preto de 8.000€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones