Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Rosal amplía o prazo de inscripción para a terceira edición da San Silvestre

A III San Silvestre do Rosal realizarase o día 31 de decembro no Rosal e será organizada polo Concello do Rosal en estreita colaboración co comercio do Rosal.

A III San Silvestre do Rosal realizarase o día 31 de decembro no Rosal e será organizada polo Concello do Rosal en estreita colaboración co comercio do Rosal.

Fecha: 26 de Diciembre de 2016

Fuente: Información Xuvenil ASC O Rosa

NOTA:
Ampliamos o prazo de inscrición ata o 28 de decembro ás 14.00 horas da #sansilvestreorosal Recordade que é imprescindible traer o número de dni dos participantes e a data de nacemento para os menores de 12 anos se non fixeron o dni. 
 
III San Silvestre do Rosal realizarase o día 31 de decembro no Rosal e será organizada polo Concello do Rosal en estreita colaboración co comercio do Rosal. O motivo da realización desta actividade xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles.

O percorrido realizarase polo casco urbano do Rosal cun total de 5.142 mts no caso da carreira e de 2.400 mts no caso das persoas que prefiren realizala camiñando xunto cos pais, nais, avós, avoas, nenos e nenas.

A entrega de dorsais efectuarase no momento de pago da cota de inscrición.

A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e a continuación sairá a de 2.400m para aqueles que decidan facela camiñando. Ó finalizar, os participantes poderán tomar un chocolate quente mentres se realizan o sorteo dos premios. Así mesmo, o premiado deberá estar presente para recibir o premio, senón sortearase novamente. Os produtos ou servizos sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa

As inscricións da San Silvestre do Rosal realizaranse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000.

A hora de inicio será ás 11.00 e a terminación aproximadamente será ás 13.00 horas.

Poderán participar todas as persoas que o desexen e sen límite de idade. Os vehículos a utilizar serán os propios da Policía Local do Rosal e a ambulancia. Non haberá paradas técnicas xa que o percorrido é moi pequeno.

Os rapaces de 0 a 5 anos recibirán todos un agasallo.
Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.
Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
De 6 a 10 anos
De 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil - Adulto:
De 15 a 20
De 21 en adiante.

INSCRICIÓNS NO SERVIZO DE INFORMACION XUVENIL DO CONCELLO DO ROSAL. 986625000 (EXT.4)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí