Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal homenaxea á lingua no Día das Letras Galegas 2023

O 17 de maio a Praza do Calvario acolle varios actos para comemorar a data, que este ano honra a Francisco Fernández del Riego

O 17 de maio a Praza do Calvario acolle varios actos para comemorar a data, que este ano honra a Francisco Fernández del Riego

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Mayo de 2023

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal prepárase para homenaxear á lingua no Día das Letras Galegas. O vindeiro mércores 17 de maio, a Praza do Calvario acollerá un amplo programa de actividades de balde durante a tarde co que conmemorar esta data, que este ano busca recuperar a memoria e render tributo ao escritor Francisco Fernández del Riego. “Queremos que a veciñanza goce con nós da nosa lingua a través de actividades de lecer nun espazo tan propicio para a convivencia como a Praza do Calvario”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O programa de actividades comezará ás 17.00 horas cun espectáculo de teatro e danza para público infantil. As Armadanzas serán as encargadas de que o público remate ‘Bailando coa lingua’, unha proposta na que a cantante de Leilía, Montse Rivera, emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, unha conversa en lingua galega que exemplifica como servía de base das relacións humanas xunto á música e ao baile. Con explicación sinxelas, As Armadanzas van introducindo danzas galegas e bailes-xogo de carácter tradicional que farán mover os pés a toda a familia.

Tras esta actuación chegará a quenda dos grupos de música locais Novo Orballo e Airiños de San Miguel, que ocuparán o escenario ás 19.00 horas. O grupo de pandeireteiras Novo Orballo achegará un amplo repertorio de canción populares galegas, sons tradicionais que recompilan una mostra do folclore galego, acompasado e arroupado polos aires da gaita, os toques de táboa e a pandeireta. Pola súa banda, Airiños de San Miguel traerá ao público os ritmos desta agrupación formada polos veciños e veciñas desta parroquia rosaleira. 

A festa rematará ás 19.30 horas coa presentación do novo disco de Xistra de Coruxo, ‘Choven flores no Rosal’, un traballo homenaxe aos irmáns Flores cheo de muiñeiras, rumbas, pasodrobres, polcas... no que ten colaborado o Concello do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí