Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Teatro Municipal de Tui, escenario este venres da celebración do centenario do nacemento do escritor galego Camilo José Cela

O premio Nobel de Literatura mantivo unha estreita relación coa cidade onde naceu o seu pai e á que acostumaba visitar

O premio Nobel de Literatura mantivo unha estreita relación coa cidade onde naceu o seu pai e á que acostumaba visitar

Fecha: 27 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tui

O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui acollerá o acto de homenaxe ao premio Nobel de Literatura Camilo José Cela co gallo de celebrar o centenario do nacemento do escritor, fortemente vinculado a Tui. Na mañá do pasado venres presentouse na casa do concello o acto "Cela en Tui" no que participou a concelleira de Cultura, María José González, o sobriño do escritor, Julio Pérez Cela, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

O acto do vindeiro venres constará da proxección de parte do documental "El recuerdo más cercano" que, dirixido Carlos Agustín e Belén Tánago, narra a vida de Cela na voz dos seus familiares e amigos máis próximos. A continuación, abrirase un coloquio no que participará o seu fillo Camilo José Cela Conde, o seu irmán Jorge Cela Trulock e o seu sobriño Julio Pérez Cela. Este último lembrou hoxe que para o escritor Tui era, xunto con Iria Flavia, a cidade galega máis importante na súa vida. O seu sobriño afincado en Tui sinalou que o escritor pasaba as súas vacacións e boa parte do seu tempo libre na cidade, a onde se desprazaba para lembrar os seus tempos de nenez.

Aínda que Cela naceu en Iria Flavia, Padrón, o seu pai é oriúndo de Tui e influíu notablemente na vida do escritor galego. A familia do seu pai chegou a Tui procedente do pobo ourensán de Piños de Cea e aquí, instalados nunha casa situada no que hoxe é a rúa Maristas, formaron parte activa da vida política e social da cidade. O seu avó, Camilo Cela Fernández, chegou a ser alcalde da cidade a comezos do século XX, en 1905, e entre os seus fillos atópase Camilo Cela, pai do escritor.

Camilo José Cela é fillo predilecto da Cidade de Tui e conta cunha céntrica rúa na súa honra. Ademais, boa parte da familia aínda veranea e pasa estadías nas diferentes propiedades que posúen en Tui.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou a honra que supón para o Concello de Tui poder celebrar este acontecemento no que se salienta a estreita relación de Cela coa cidade. Cabaleiro sinalou que, en certo xeito, Camilo José Cela foi precursor das relacións interfronteirizas e do que hoxe coñecemos como Eurocidade Tui-Valença. De feito, foi destacado como bombeiro de honra de Valença.

Centenario de Camilo José Cela: "Cela en Tui"
Teatro Municipal de Tui
Venres, 27 de xaneiro, 19h
Proxección dun fragmento do documental "El recuerdo más cercano" e posterior coloquio no que interveñen o seu fillo, Camilo José Cela Conde, o seu irmán, Jorge Cela Trulock e o seu sobriño, Julio Pérez Cela
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí