Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Teixugo Luís Fernández na Copa do Mundo de Markkleeberg en Alemania

O deportista de Salceda foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa.

O deportista de Salceda foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa.

Fecha: 03 de Septiembre de 2019

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Do 30 de agosto ao 1 de setembro tivo lugar en Markkleeberg, Alemania, a cuarta Copa do Mundo de Slálom. España acudiu ao evento co seu equipo sénior de slálom do que formou parte Luís Fernández, deportista do Club Deportivo Miño-Teixugos. O deportista de Salceda foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa.

O venres 30 Luís fixo a súa primeira baixada para entrar entre os vinte primeiros e acceder a semifinais, fixo unha baixada correcta, pero algo lenta, que xunto con catro segundos de penalización por dous toques o deixaron fóra. Nesa mesma mañá baixou por segunda vez e tampouco tivo a sorte da súa parte, e non conseguiu praza en semifinais. Rematou a súa participación nesta copa no trixésimo quinto lugar.

Outra galega tamén formou parte do equipo, a salcedense do Club Piragüismo Penedo Te Importa Ainhoa Lameiro, tamén na modalidade de canoa. Ainhoa conseguiu entrar en semifinais pero non nas finais, rematando no vixésimo quinto lugar.

Do 6 ao 8 de setembro Luís acudirá a última Copa do Mundo desta tempada a celebrar en Praga, na República Checa, nesta ocasión tamén formará parte do equipo nacional o seu compañeiro de club Manuel Ochoa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones