Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Teixugo Luís Fernández prata por equipos e semifinalista individual nos mundiais de slálom

O canoísta de Salceda, Luís Fernández, do Club Deportivo Miño Teixugos, foi un dos doce deportistas que integraron a selección española.

O canoísta de Salceda, Luís Fernández, do Club Deportivo Miño Teixugos, foi un dos doce deportistas que integraron a selección española.

Fecha: 01 de Octubre de 2019

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Do 25 ao 29 de setembro celebrouse na localidade ilerdense da Seu D`Urgell o Campionato do Mundo de Slálom no que se deron cita os mellores deportistas do mundo da modalidade. O canoísta de Salceda, Luís Fernández, do Club Deportivo Miño Teixugos, foi un dos doce deportistas que integraron a selección española.

O mércores 25, Luís estreouse no mundial na competición por equipos, xunto co vasco Ander Elosegui e o catalá Miquel Travé, cunha baixada rápida e sen penalizacións, fixeron o segundo mellor tempo do mundial na modalidade C1, conquistando a medalla de prata.

No día seguinte, Luís comezou a súa participación individual, onde, cun percorrido rápido e perfecto, conseguiu facer o décimo mellor tempo, que o clasificou directamente para semifinais. A primeira hora da mañá do sábado buscou entrar nas finais, pero catro segundos de penalizacións e unha baixada algo lenta deixárono fóra, rematando finalmente na vixésimo oitava posición, que colocan ao teixugo na elite mundial da canoa de slálom.

Outra galega, Ainhoa Lameiro do Piragúismo Penedo, tamén formou parte do equipo feminino de C1, e ao igual que Luís acadou medalla de prata por equipos, e, nas clasificatorias individuais, aínda que fixo dúas baixadas correctas, non foron o bastante rápidas como para poder entrar en semifinais. Primeira participación galega nun mundial absoluto, con dúas medallas de prata históricas que demostran o bo momento que está vivindo o slálom galego, que pouco a pouco se está metendo na elite do slálom nacional e mundial.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí