Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TRILHO DOS PESCADORES ABRE ESTE DOMINGO O CIRCUÍTO DE ANDAINAS SAUDABLES DA EUROCIDADE 2016

Sairá o domingo ás 10 hora española da Igrexa de San Pedro da Torre. É preciso realizar inscrición previa

Sairá o domingo ás 10 hora española da Igrexa de San Pedro da Torre. É preciso realizar inscrición previa

Fecha: 12 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este domingo, 13 de marzo, comeza o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado pola Eurocidade Valença-Tui, co primeiro dos percorridos programados para este ano 2016. Será co Trilho dos Pescadores que sairá ás 10 hora española dende a Igrexa de San Pedro da Torre. Os participantes terán que percorrer unha distancia de 7 quilómetros, de dificultade baixa, cunha duración aproximada de dúas horas e media.

Varias son as novidades que presenta este ano o circuíto de andainas. Unha de elas é a obrigatoriedade de facer a inscrición previa, a través do correo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com, ou a través dos móbiles 00351.934.440.770 e 607.785.601. Dado que ao termo das camiñadas se realizarán degustacións de distintos produtos típicos do lugares por onde pase o percorrido, as andainas terán un prezo de inscrición de 5€ por persoa e 3€ para menores de 12 anos. Neste Trilho dos Pescadores, os participantes poderán degustar varios pratos de lamprea, coincidindo coas xornadas gastronómicas en Valença de "Sabores da Lampreia".

Para todos os participantes que non coñezan o punto de saída establécese, como en anos anteriores, o punto alternativo do aparcamento del Lidl de Valença, ás 09.40 horas españolas.

Toda a información relativa a estas andainas pódese consultar no Facebook, "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables", ou a través das webs dos clubs organizadores, Celtas do Minho en Valença e AndaTui Rego da Pedra en Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones