Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TSXG desestima o recurso de apelación sobre o cemiterio Rebordáns

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, confirma a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra sobre a ampliación do cemiterio de Rebordáns.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, confirma a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra sobre a ampliación do cemiterio de Rebordáns.

Fecha: 30 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, confirma a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra sobre a ampliación do cemiterio de Rebordáns.

Na sentenza do pasado mes de xuño o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra inadmitira o recurso presentado pola Asociación de Veciños e Manuel Goberna Caride contra o acordo da Xunta Local de Goberno do Concello de Tui de xuño 2015 no que se concedía o título habilitante para a legación da ampliación do cemiterio da parroquia de Rebordáns. Contra esa sentenza Manuel Goberna Caride e a Asociación de Veciños presentaron un recurso de apelación que vén de ser desestimado polo TSXG, ao tempo que lles impón as costas do xuízo causadas, ata un máximo de 500 euros, por honorarios de letrado de cada unha das partes apeladas, neste caso o Concello de Tui e a Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebordáns.

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra xa condenara tamén na sentenza ao pago das costas de primeira instancia ata un máximo de 600 euros, a cargo da Asociación de Veciños e do particular.

Os feitos remóntanse á xullo de 2011 cando José Manuel Sousa Sousa presentou escrito para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns, alegando a Asociación de Veciños que non era presidente da mesma nin tiña documento acreditativo para exercer esta representación. A xuiza estima que aínda que dende o Concello non se requiriu documentación acreditativa da representación este defecto non é invalidante do proceso seguido no Concello. Posteriormente a Comunidade de Montes asume a promoción deste expediente, sendo a propietaria dos terreos onde se levou a cabo a ampliación do camposanto.

Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica. A xuíza estima que na demanda "non existe unha defensa do interese urbanístico, senón que existe unha disputa dentro da Asociación de Veciños" e apunta que a tramitación do expediente administrativo foi "impecable".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones