Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Tyde FC participa por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold

Este ano a Eurocidade terá dobre representación xa que tamén acudirá o Valenciano

Este ano a Eurocidade terá dobre representación xa que tamén acudirá o Valenciano

Fecha: 19 de Junio de 2019

Fuente: Concello de Tui

O equipo alevín do Tyde F.C. vai participar por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold, en Alemaña. A expedición tudense, formada por 53 persoas entre xogadores, directivos, adestradores e familiares, partirá mañá mércores ás 8 h dende a Estación de Autobuses de Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro Rafael Estévez, recibiron o luns á tarde no salón de sesións da casa do concello ao equipo. Os xogadores nerviosos e ilusionados a parte iguais están expectantes ante esta viaxe e competición internacional.

Enrique Cabaleiro explicaba na recepción como a participación do Tyde neste torneo xurdiu tras o acordo de irmandade asinado en 2011 entre Versmold e Tui. Ao tempo aproveitou para destacar como as relacións entre os dous municipios están hoxendía moi consolidadas. Dirixíndose aos xogadores indicoulles que "máis aló dos resultados o importante é a experiencia que ides vivir". Aproveitou tamén para felicitar ao Tyde FC polo ascenso do seu equipo senior á Primeira Rexional.

Elías Vieiro, o presidente do Tyde FC explicou que acoden coa mesma ilusión que hai seis anos, cando viaxaron por vez primeira a Alemaña. Destacou o excelente trato que reciben durante o torneo, e oportunidade que terán os xogadores de convivir con outros nenos da mesma idade doutros países nunha experiencia que afirmou "vai ser inesquecible".

Este ano a Eurocidade estará dobremente representada xa que amais do Tyde FC tamén se desprazará até Versmold o Valenciano. Mediranse ante equipos de Serbia, Polonia, Eslovaquia, Eslovenia, ou Francia. O Tyde gañou o torneo en 2017 e o ano pasado foi o terceiro clasificado. Máis aló da competición serán catro días de convivencia de nenos da mesma idade pertencentes a distintos países.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones