Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O -Universo Creativo do Nadal- luce xa na Praza do Reló da Guarda

O Concello da Guarda, dentro da programación do Nadal 2021/22, preparou unha actividade na cal poder facer partícipes destas festas aos alumnos e alumnas dos centros educativos da nosa vila, e que ten como obxectivo mostrar a súa grande creatividade, un c

O Concello da Guarda, dentro da programación do Nadal 2021/22, preparou unha actividade na cal poder facer partícipes destas festas aos alumnos e alumnas dos centros educativos da nosa vila, e que ten como obxectivo mostrar a súa grande creatividade, un c

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, dentro da programación do Nadal 2021/22, preparou unha actividade na cal poder facer partícipes destas festas aos alumnos e alumnas dos centros educativos da nosa vila, e que ten como obxectivo mostrar a súa grande creatividade, un concepto que está sendo central durante este Nadal.

Fai unhas semanas repartíronse polos centros unhas láminas con siluetas de polbos, apupos, cabaliños de mar e estrelas, e se pediu que cada alumno/a recortase o debuxo da lámina e o decorase de xeito libre.

Con todas estas obras individuais o pasado xoves procedeuse a crear a gran obra de arte colectiva que estará suspendida no aire na Praza do Reló durante as festas, o “Universo Creativo de Nadal”.

Para poder desenvolver esta actividade contouse coa colaboración dos equipos directivos e o profesorado dos centros, aos que agradecemos enormemente a súa implicación, e sobre todo aos pequenos e pequenas artistas. Tamén queremos agradecer a súa contribución ás persoas voluntarias do centro San Xerome e Avelaíña que se achegaron estes días ao Concello para axudarnos con esta actividade.

Convidamos ás familias e nenos/as da Escola Infantil Municipal, Centro San Xerome, CEIP Sinde, CEIP Solanas, CEIP Sangriña, Colexio Padres Somascos, Colexio S. José H.H. Carmelitas e Escola Unitaria da Gándara, centros que participaron na iniciativa, a pasarse pola praza e intentar atopar a súa obra. 

Como agradecemento aos/ás artistas entregaranse a través dos centros educativos uns agasallos especiais que irán acompañados dunha carta do Alcalde expresamente dirixida a eles e elas, da axenda coas actividades e actuacións de Nadal e algunhas lambetadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí