Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O VII Festival Aspenizasfolk chega a Tui esta fin de semana

Venres 28 e sábado 29 de setembro no Monte das Penizas en Paramos(Tui)

Venres 28 e sábado 29 de setembro no Monte das Penizas en Paramos(Tui)

Fecha: 29 de Septiembre de 2018

Fuente: Aspenizasfolk

Os próximos venres 28 e sábado 29 de setembro na parroquia de Paramos (Tui) e no entorno do Monte das Penizas, celebraremos unha edición máis, a sétima, de "Aspenizasfolk".

Este festival naceu, no ano 2012, grazas a aposta de varias persoas, relacionadas coa parroquia de Paramos, ás que unía o gusto pola música de raíz. Desde a súa primeira edición teñen pasado, polo palco "folkiburro" das Penizas, un diverso abano de grupos que van desde a música máis tradicional ao folk máis anovador, cunha aposta de xuntar formacións consagradas e outras emerxentes.

Esta edición ven marcada pola traxedia do 23 de maio deste ano, cando unha explosión dun almacén ilegal de pirotecnia matou a dous veciños de Paramos, deixou sen casa a varias familias e afectou a centos de veciños. É por iso que esta edición terá un carácter solidario: para recadar fondos para as persoas afectadas e para erguer a voz e que esta traxedia, como outras, non caia no esquecemento co paso do tempo. Desde a organización destinaranse os beneficios do festival para os afectados.

Durante os dous días do festival poderanse disfrutar diversas propostas, cun amplo abano de xeitos de interpretar e entender a música folk e tradicional.

PROGRAMACIÓN MUSICAL

Venres 28 de setembro, a partir das 21:00 horas.

Xulio Lorenzo
O gaiteiro de Mos, xunto co seu grupo, volta ás Penizas para ofrecernos a súa particular e novidosa visión da música galega. No seu concerto poderemos escoitar os temas do seu disco "Cantos da ialma".

Pelepau.

Pelepau nace en Vigo no ano 2010, formado por percusionistas mestres en escolas e agrupacións de música tradicional, e xa ten unha recoñecida traxectoria na música galega.
Cun particular estilo propio adaptan cantigas e ritmos populares de distintas procedencias (galegas, brasileiras, africanas...) ás voces e percusións tradicionais galegas. Unha aposta fresca na que destaca a posta en escena cunha constante interacción co público.

Sábado 29 de setembro, a partir das 12:00 horas.

Ao longo de todo o día teremos, no palco do burro, unha ampla diversidade de interpretar e entender a música galega. Todo isto complementado cun xantar popular e postos de artesanía. A distribución horaria é a seguinte:

A partir das 12:00 contaremos con dúas formacións tradicionais con dúas propostas moi interesantes: Os Treboeiros da Muimenta da Sobrada e Os Estralos .

Os Treboeiros da Muimenta da Sobrada música tradicional en estado puro, representantes dos treboeiros do Baixo Miño, e cunha particular posta en escena animarán a mañán nas Penizas.

Os Estralos é unha formación de gaitas criada ó abeiro do grupo Ruada e da escola de música de Torroso (Mos), da man do mestre Xosé Oliveira. Está integrado por dúas xeracións de músicos e conta cun repertorio de pezas populares.

As 14:00 horas teremos un xantar popular.

A partir das 20:30 horas retomaremos as actuacións no festival, coa presentación do actor e titiriteiro Andrés Giráldez. Andrés actor cunha dilatada carreira, membro do grupo de titeres Tanxarina, ten participado en grupos de teatro (Teatro do Morcego, Centro Dramático Galego..), e filmes como Heroina e de series de televisión como Serramoura.

De seguido, enfiando coa maxia de palabra, chegara a maxia da música, coas seguintes formacións:

Uxía
Unha das voces máis coñecidas da música galega que non necesita presentación. A súa carreira contempla a participación e máis de vinte discos, actuacións en todo o mundo, colaboracións...
Desde os seus inicios o seu traballo destacou, alén dos discos e concertos, noutras facetas como a comunicación, a dirección de proxectos musicais e pola súa implicación en movementos sociais e a defensa da nosa cultura.
Como comunicadora participou durante anos no desaparecido programa da Radio Galega " O diario cultural".
Colaborou en proxectos musicais como Malvela e María Fumaça e tamén en proxectos educativos como "Ponte nas Ondas".
Foi, durante a crise do Prestige, voceira do colectivo cidadán Nunca Máis.
É impulsora e participante activa do festival Cantos na Maré, un proxecto cultural pioneiro que coa lingua e a música traza un mapa común entre os territorios lusófonos do mundo.

Repitroca.
Conformado por diferentes membros da Banda de gaitas San Xoán de Paramos e da Banda de Música Popular de Tui, Repitroca bota man da gaita, clarinete, batería e pandeireta no seu debut nos escenarios. Sobe ao "folkiburro" das Penizas rendendo tributo, con estilo propio, aos grandes temas e artistas da música folk e tradicional galega que todos coñecemos.

Os Cuncheiros.
Formación que ten orixe en Vigo no ano 1992 coa idea de continuidade do espíritu dos gaiteiros vellos pero indo atrás dos pasos de contemporáneos como Moxenas. Parten dun claro compromiso co legado musical do noso País.
O seu repertorio está baseado en pezas cantadas, recollidas na contorna de Vigo así como nas edicións musicais de grupos do século pasado.

Os Carunchos.
Formación cunha particular visión da música tradicional galega. A piques de cumprir 25 anos nos escenarios voltan ás Penizasfolk coa súa música reivindicativa e sempre comprometida co pais, coa nosa cultura e a conservación da nosa lingua. Unha aposta segura pola festa.

 

O recinto do festival contará cunha carpa e serviranse comidas populares: polbo, callos, chourizos...

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones