Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O XII Festival de Baile Moderno Xamaraina, Noites no Castelo e a Festa do Avó protagonizarán unha fin de semana redonda na Guarda

Como todas as fins de semana deste verán, a Guarda prepárase unha vez máis para desfrutar de tres días cheos de actividades culturais, concertos e moita troula.

Como todas as fins de semana deste verán, a Guarda prepárase unha vez máis para desfrutar de tres días cheos de actividades culturais, concertos e moita troula.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Como todas as fins de semana deste verán, a Guarda prepárase unha vez máis para desfrutar de tres días cheos de actividades culturais, concertos e moita troula.

A diversión comeza o venres, 8 de xuño, ás 20,30 horas no Auditorio San Benito co XII Festival de Baile Moderno Xamaraina.

Xa máis á noitiña, cara as 22,30 horas, a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego clausurará a súa exposición anual que aínda se pode visitar na Casa dos Alonsos, coa actuación do Coro Fuscalheiro.

Un dos pratos fortes da fin de semana resérvase para o sábado 9 e terá como escenario o fermoso Castelo de Santa Cruz. Alí celebrarase, por segundo ano, a iniciativa Noites no Castelo que o ano pasado tivo unha gran acollida coa proxección do filme 'A Esmorga'. Os protagonistas deste ano son a Banda Crebinsky, un grupo de música xurdido dunha maneira orixinal, a partir do mundo imaxinario que retrata o filme "Crebinsky" e da música creada para a banda sonora do mesmo.

A velada coa Banda Crebinsky dará comezo ás 22 horas cunha charla-coloquio a cargo dos compoñentes da banda Sergio Zearreta e Enrique Otero (protagonista e director do filme). Despois da tertulia proxectarase ó aire libre o filme "Crebinsky". Ao remate, sobre as 00,00 horas, dará comezo o concerto dos Crebinsky para pechar unha noite redonda.

Xa para pechar a fin de semana, o domingo día 10 de xullo, a partir das 16,30 horas, a carpa do Porto da Guarda acollerá a Festa do Avó, organizada polo Club da Terceira Idade en colaboración co Concello da Guarda. A celebración estará amenizada por un baile co grupo SABOR. Ademais contará coa charla do parroco da Guarda, Don Jesús, a presentación da raíña e damas do Club da 3ª Idade, un monólogo a cargo de "Cándido Pazó", un sorteo e rosca e sidra para tódolos asistentes.

Dende o concello da Guarda anímase a todos os veciños, veciñas e visitantes a achegarse e desfrutar dalgunha, ou de todas, das actividades para os diferentes públicos e gustos que amenizarán a que promete ser unha soleada fin de semana de xullo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí