Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O xoves levarase a comisión informativa o proxecto de orzamentos municipais para 2018 en Tui

Increméntase en 32.100? a partida do Servizos de Axuda no Fogar e Dependencia, e destínanse 18 mil euros para a modificación do PXOM

Increméntase en 32.100? a partida do Servizos de Axuda no Fogar e Dependencia, e destínanse 18 mil euros para a modificación do PXOM

Fecha: 19 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

O próximo xoves, 19 de abril, celebrarase no Concello de Tui Comisión Informativa de Contas na que se someterá a ditame o proxecto de orzamentos municipais de 2018, tras realizar unha serie de modificacións no documento incorporando as peticións realizadas polos grupos políticos da oposición.

Na modificación destaca o incremento en 32.100 euros a partida do Servizo de Axuda no Fogar e Dependencia que pasa a contar cun crédito de 197.100,96 euros. Por outra parte increméntase en 5 mil euros partida destinada ao mantemento dos centros educativos que pasar a estar dotada con 55 mil euros, e en mil euros sobe a partida destinada a actividades de interese social que pasará a ter un crédito de 7 mil euros.

Por outra parte crease unha partida de 8.200 euros para execucións subsidiarias no conxunto histórico, consígnanse 12.100 euros para o elaboración e implantación do Plan de Emerxencias Municipal, 15 mil euros serán destinados ao festival Arraianos, e 18.148,70€ establécense para realizar as modificacións puntuais do PXOM.

O equipo de goberno levou a cabo estas modificacións no proxecto de orzamentos municipais tras escoitar as peticións dos grupos da oposición e co obxectivo de que as contas deste 2018 poidan ser aprobadas no pleno ordinario deste mes de abril, logo de que quedaran sobre a mesa en marzo e foran retiradas da orde do día no de febreiro. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, sinala que se fixo un importante esforzo para poder incorporar boa parte das solicitudes feitas polos grupos da oposición a este proxecto de orzamentos, nomeadamente, sinala, as que eran compartidas por todos os grupos coma o aumento do gasto en dependencia ou a modificación dos Peri's de San Bartolomeu no PXOM.

Carlos Vázquez Padín agarda que "tras este esforzo de cesión realizado dende o goberno no próximo pleno se poidan aprobar os orzamentos do Concello de Tui para 2018", xa que considera que contar cunhas novas contas - actualmente están prorrogadas as de 2016 - é fundamental para Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones