Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O xurado da Gala do Deporte decidiu os Premios do Deporte Tudense 2020 e 2021

Os recoñecementos entregaranse conxuntamente cos premiados deste ano 2022 no mes de novembro.

Os recoñecementos entregaranse conxuntamente cos premiados deste ano 2022 no mes de novembro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

Dende o mes de novembro o xurado da Gala do Deporte Tudense ven traballando para retomar este evento e así poder recoñecer os éxitos deportivos dos nosos clubs e deportistas. De feito, a intención era facer unha gala a finais do pasado mes de  xaneiro, onde entregar os Premios Deporte Tudense dos anos 2020 e 2021, pero a incerteza a hora de poder marcar unha data de celebración xa que se descoñecía a evolución que ía ter a pandemia impediu poder organizar a gala coa suficiente antelación que garantir a realización da mesma co mesmo nivel de calidade que en anteriores edicións

Por isto, o Concello de Tui e o xurado, decidiron dar a coñecer os premios, recoñecendo publicamente aos deportistas, que serán entregados presencialmente, sempre que a situación sanitaria o permita, na Gala do Deporte do ano 2022, que se celebrará a finais do mes de novembro.

O xurado, integrado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, directivo e responsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, Ana Rodríguez, ex-xogadora da máxima categoría do Balonmán feminino e Rafael Estévez, concelleiro de deportes de Tui, decidiron os seguintes Premios Deporte Tudense:

  • Promesa Feminina – Nieves Silva – Campioa de España de Remo Olímpico – Categoría Cadete
  • Promesa Masculina – David Fernández – Campión de España de Enduro – Categoría Júnior
  • Categoría Veterán – Manuel Rodríguez Caramés
  • Club Deportivo – Club Balonmán Tui – Polo ascenso a Liga Ouro (división de honor) do equipo infantil masculino e feminino e do xuvenil masculino, o equipo cadete estivo a punto de subir a Liga Ouro. O equipo sénior Masculino ascendeu a 1ª División Autonómica, onde tamén está o equipo sénior feminino, que pelexou polo ascenso a División de prata.
  • Adestrador – Equipo técnico do Club Balonmán Tui

 

 

  • Deportista Feminina
    • Tania Fernández – Subcampioa do Mundo de Maratón en K2
    • Sara Tui – Subcampioa do Mundo de Fútbol Praia
  • Deportista Masculino
    • Gustavo Rodríguez – Medalla de Prata nos Xogos Paralímpicos en Toquio 2020.
    • José Leiras – No ano 2020 xogou na Liga Asobal, máxima categoría do balonmán nacional e único xogador masculino tudense en logralo.

 

Como en anteriores ocasiones, na gala recoñecerase a máis de vinte deportistas tudenses que participaron nestes anos en competicións internacionais.

Así mesmo, farase un recoñecemento a aqueles deportistas, directivos o persoas relacionadas co mundo deporte que faleceron nos anos pasados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones