Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Obradoiros infantís de cociña, música en directo, tapas e sorteo este sábado na Praza de Abastos de Tui

Estas actividades forman parte da campaña -Quere o teu mercado-

Estas actividades forman parte da campaña -Quere o teu mercado-

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

A praza de abastos de Tui celebrará este sábado, 28 de maio, o Día do Mercado sumándose á campaña internacional “Quere o teu mercado”. O obxectivo da mesma é atraer clientela ás prazas de abastos, incentivar o consumo  de produtos frescos, resaltar os valores da compra local e destacar a profesionalidade das praceiras e praceiros.

Así a praza tudense acollerá o sábado obradoiros infantís de cociña, música en directo e degustación de tapas e un sorteo.

A actividade comezará ás 11 h con obradoiros de cociña, para nenos e nenas, de 6 a 12 anos.  Durante dúas horas os cativos e cativas elaborarán receitas con produtos do mercado para fomentar unha alimentación saudable e concienciar sobre o consumo de produtos de proximidade. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse previamente en comercio@tui.gal. Recibirase confirmación da inscrición que se realizar por orde de chegada até esgotar as prazas dispoñibles.  

Ás 13 h será o momento da música en directo da man de Lara Villaverde. No repertorio que interpretará figura “Un Guerrilleiro”, poema de Florencio Delgado Gurriarán, no que estará acompañada por Fran Gómez, que entre outros temas interpretarán.

Acompañando a actuación musical poderanse degustar, de balde, tapas elaboradas con produtos do mercado. Amais entre todas as persoas que o sábado realicen as súas compras no mercado sortearase unha cesta de produtos frescos en colaboración cos praceiros e praceiras do mercado.

A campaña “Quere o teu mercado” está promovida a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets ( Unión Mundial de Mercados Maioristas) para visibilizar o modelo dos mercados de proximidade. En Galicia a campaña é promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo dependente da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, en colaboración cos concellos e as propias prazas de abastos.

 

A concelleira de Comercio e Mercado do Concello de Tui, Ana Núñez, destaca que con esta iniciativa búscase incentivar a compra na praza de abastos de Tui, ao tempo que atraer a novos clientes. Lembra que no mercado “podemos atopar produtos frescos de alimentación  coma carnes, lácteos, froitas, verduras, peixes,…” e o consello experto e profesional dos praceiros e praceiras.

 

O Concello de Tui, en colaboración cos praceiros e praceiras, súmase á campaña “Quere o teu mercado”, para promocionar a praza de abastos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones