Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Oia abre a inscrición para o obradoiro de teatro veciñal deste ano

O obradoiro comezará o 2 de febreiro e as sesións desenvolveranse no Centro Cultural de Pedornes de 19.00 a 21.00 horas.

O obradoiro comezará o 2 de febreiro e as sesións desenvolveranse no Centro Cultural de Pedornes de 19.00 a 21.00 horas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Enero de 2024

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal, para o que ten xa aberto o prazo de inscrición. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

 

O obradoiro comezará o 2 de febreiro e as sesións desenvolveranse no Centro Cultural de Pedornes de 19.00 a 21.00 horas. En canto ao calendario da actividade, extenderase desde o mes de febreiro ata finais do mes de maio.

 

As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde hoxe ata o 31 de xaneiro. A actividade é gratuíta, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas.

 

Por outra parte, e tendo en conta a boa acollida do obradoiro infantil de teatro desenvolvido o pasado ano, o Concello tamén abre a inscrición para poñer en marcha unha nova edición neste 2024. As sesións desenvolveranse os venres de 18.00 a 19.00 horas (xusto antes do obradoiro para persoas adultas) e están dirixidas a nenos e nenas desde os 6 aos 12 anos.

 

6x6 Punto de Encontro

 

En cada unha das súas edicións, o obradoiro de teatro de Oia reúne a varias decenas de veciñas e veciños de diversas idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado nunha visita dramatizada no barrio do Arrabal.

 

Nesa xornada de representación, denominada 6x6 Punto de Encontro, as persoas usuarias do obradoiro veciñal actúan xunto con varias artistas convidadas, ofrecendo un espectáculo aberto ao público onde o patrimonio do barrio histórico oiense se convirte nun escenario de excepción no que gozar de distintas propostas artísticas (arte dramática, danza e movemento, música, poesía, etc.)

 

Nesta convocatoria do obradoiro de teatro de Oia correspondente ao ano 2024 prevese igualmente rematar o curso coa xornada festiva do 6x6 Punto de Encontro: un día para celebrar a creación artística, o patrimonio, a historia e as tradicións locais; pero tamén para fomentar o encontro, a convivencia e máis a participación veciñal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí