Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Oito medallas para Os Teixugos no Campionato Galego de promoción de slálom

Once deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao acontecemento.

Once deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao acontecemento.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Septiembre de 2023

Fuente: Rosa Carrera

Este domingo celebrouse nas augas do río Tea, na localidade de Mondariz Balneario, o Campionato Galego de Promoción de Slálom; a máis importante da Liga Galega de Promoción, na que compiten os máis novos do piragüismo galego.

Once deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao acontecemento.

Francia Piñeiro en K1 Infantil rematou oitava. En K1 Alevín feminino, Leila Álvarez gañou a proba, Nerea Álvarez foi segunda e Rita Olveira terceira, conformando un podio enteiramente do Deportivo Miño. Iria Álvarez estreouse en categoría prebenxamín cunha medalla de prata. Leila, como xa é habitual, tamén participou en canoa ou C1, acadando o ouro, e, a prata foi para Nerea que se estreou na categoría en competición.

Nas categorías masculinas, Iván Cruz foi décimo en K1 infantil. En K1 alevín, Alejandro  Barreiro rematou sexto e Lois Montenegro acadou a medalla de bronce. En K1 benxamín, Martín Vicente foi sétimo, Nicolás Piñeiro sexto e Roque Olveira segundo, conseguindo a medalla de prata.

Dúas medallas de ouro, catro de prata e dúas de bronce son un gran balance para o Deportivo Miño-Teixugos neste campionato galego. Na clasificación final por equipos remataron en quinto lugar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí