Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OPTICALIA TUI É ESCOLLIDO COMO O ESTABLECEMENTO FAVORITO DOS CLIENTES DO CCA ZONA ABERTA DE TUI NA CAMPAÑA MÁIS QUE COMERCIO!

O xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, fixo entrega do diploma a este comercio

Roberto Ferreiro e Isabel Silva foron os clientes dos establecementos asociados ao centro comercial aberto que recibiron un cheque de 200 e 100 euros respectivamente

Fecha: 29 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, fixo entrega esta mañá do diploma ao establecemento máis votado do concello de Tui dentro da campaña Máis que comecio! que está a organizar a Consellería de Economía e Industria e que recaíu en Opticalia. Neste acto entregáronse tamén os agasallos aos clientes gañadores, Roberto Ferreiro e Isabel Silva, que recibiron un cheque de 200 e 100 euros respectivamente.  

No acto estiveron presentes o primeiro tenente de alcalde, José Ángel Villaverde, así como  responsables do centro comercial aberto Zona Aberta de Tui, Carmen García Braga da Federación Galega de Comercio da provincia de Pontevedra e Yolanda Gayoso de Abanca.

Deste xeito, os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de decembro nos negocios asociados ao CCA de Tui elixiron como o seu establecemento favorito a Opticalia. "Este negocio foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido", engadiu o xefe territorial. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, os clientes tamén puideron optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos.  

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que Comercio! está a percorrer os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, co obxectivo de resaltar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade. "O seu obxectivo foi impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes", explicou Rial. No caso de Tui, foron 6.169 as participacións (das cales, 217 foron as que recibiu o local gañador).

Ao mesmo tempo, tal e como sinalou o xefe territorial de Economía e Industria, destácase o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

Ignacio Rial lembrou que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos. O xefe territorial recordou que o pasado 13 deste mes saíu a nova liña de axudas para CCA dotada por 2,2 millóns de euros. "O ano pasado, coa mesma subvención, o CCA Zona Aberta de Tui resultou beneficiado con apoios por 33.000 euros", rematou Rial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones