Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os afectados pola explosión de Paramos están convocados a unha reunión este sábado 16 de xuño

O alcalde de Tui convida ao presidente do goberno a visitar Tui para coñecer de primeira man as consecuencias da explosión do 23 de maio

O alcalde de Tui convida ao presidente do goberno a visitar Tui para coñecer de primeira man as consecuencias da explosión do 23 de maio

Fecha: 16 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Os afectados pola explosión rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos están convocados a unha reunión que se vai celebrar este sábado, 16 de xuño, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui, Carmen González.

O obxectivo da xuntanza, convocada polo Concello de Tui, é manter aos afectados informados dos pasos que se están dando para buscar saídas aos moitos problemas que están enriba da mesa. Ademais de tranquilizalos e asegurarlles que "se están traballando arreo para buscar saídas a todos os retos, retos moi importantes e complicados, que se plantexan para resolver a situación da zona afectada pola explosión", segundo indica o alcalde, Carlos Vázquez Padín.

Na reunión se informará do traballo no eido social e urbanístico como a creación dun gabinete urbanístico exclusivo de atención aos afectados, as xestións para facilitar os trámites a realizar, ou a solicitude das diferentes axudas. Pero esta xuntanza servirá tamén para escoitar aos afectados, tomar nota das súas preocupación e inquedanzas e mellorar a atención que se lles presta na medida do posible.
 
O alcalde de Tui convida ao presidente do goberno a visitar Tui para coñecer de primeira man as consecuencias da explosión do 23 de maio 
 
O rexedor apunta, na carta remitida, "a necesidade dun forte compromiso económico e de colaboración por parte do goberno central"

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de convidar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, a que visite Tui "coa maior brevidade que sexa posible" para coñecer de primeira man a situación que se vive no municipio tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos. Deste xeito, indica o rexedor, o presidente poderá "avaliar a absoluta necesidade que temos dun forte compromiso económico e de colaboración por parte do goberno central".

No escrito Carlos Vázquez Padín lembra que coma consecuencia da explosión faleceron dúas persoas, houbo unha trintena de feridos, e gran numero de vivendas, propiedades e vehículos resultaron afectados. Unha catástrofe de tal magnitude, sinala que "máis de 700 persoas se viron prexudicadas gravemente" e que afectou tamén ás infraestruturas como camiños, instalacións de canalizacións de auga potable, saneamento, tendidos eléctricos, telefónicos.

Ante esta situación o alcalde lembra que a corporación municipal, con acordo plenario unánime do 31 de maio, solicitou a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil por considerar que "concorre no territorio afectado pola explosión un estado de necesidade sobrevido a esta comunidade de persoas, inevitable e imprevisible, que alterou afectiva e substancialmente as condicións de vida desta colectividade, producindo danos de considerable gravidade a unha pluralidade de veciños".
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones