Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os afectados pola explosión de Paramos teñen un novo numero de conta solidaria

A conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei conta cun novo número e está a nome da Asociación de Afectados

A conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei conta cun novo número e está a nome da Asociación de Afectados

Fecha: 14 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

A conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei conta cun novo número e está a nome da Asociación de Afectados. Á mesma serán transferidas doazóns rexistradas na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello de Tui. O novo número de conta é o ES80 2080 5066 7330 4003 5840.
 
A partir deste xoves un experto en seguros asesorará aos afectados pola explosión de Paramos

A partir de mañá xoves un avogado experto en seguros, contratado polo Concello, asesorará aos afectados nas tramitacións e reclamacións ante as súas compañías de seguros. Atenderá aos interesados os martes e xoves de 16 a 20h no Centro de Afectados. É preciso que para realizar a súa consulta os afectados leven a póliza do seguro.

Lembramos que o Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abre de luns a venres de 10 a 14h e os martes e xoves de 16 a 20h.

Listaxe de empresas e técnicos interesados en participar nos labores de reconstrución

Por outra parte para poder facilitar aos afectados que o desexen unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio, dende o Centro de Afectados estanse a confeccionar unha serie de listaxes nas que se poden inscribir as empresas e profesionais interesados.

Por unha banda as empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a urbanismo.afectados@concellotui.org onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.

Por outra parte dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones